Actinidia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Actinidia

A especie Actinidia kolomikta
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Actinidiaceae
Xénero: Actinidia
Lindl.
Especies

Véxase no texto

Actinidia[1] é un xénero of leñosas e, cunhas poucas excepcións, caducifolias nativas de zonas temperadas do leste de Asia, medrando na meirande parte da China, Taiwán, Corea e o Xapón, e estendéndose cara o norte até o sur de Siberia e cara o sur até a Indochina. O xénero inclúe arbustos que medran até 6 m de alto, rubideiras vizosas e resitentes, que poden medrar até os 30 m polas copas das árbore.

As follas son alternas, simples, coa marxe dentada e un longo pecíolo. As flores son solitarias ou cimosas, con cinco pétalos miúdos. A maioría das especies son dioicas con individios masculinos e femininos por separado; aínda que as hai monoicas. O froito é unha baga grande que contén numerosas sementiñas; en moitas especies o froito é comestíbel. En particular este xénero é coñecido pola planta do kiwi (Actinidia deliciosa), que dá o kiwi, e pola especie de xardinaxe A. kolomikta.

Especies[editar | editar a fonte]

Hai arredor de 40–60 especies de Actinidia:

Usos[editar | editar a fonte]

Para a froita comestíbel, véxase kiwi, que é un cultivar de Actinidia deliciosa, e a especie Actinidia arguta. Algunhas especies cultívanse coma ornamentais, principalmente A. kolomikta.

Actinidia arguta ten un froitiño de 10–15 g, cunha pela verde comestíbel e unha polpa tamén verde, algo máis dura ca A. deliciosa.

No Xapón, Actinidia polygama (viña prateada) coñécese por ter un efecto nos gatos como a herba gateira (Nepeta cataria). Aparece no refrán xaponés 猫にまたたび、女郎に小判 (neko ni matatabi, jorō ni koban, "A viña prateada é para un gato, coma unha moeda dun koban para unha prostituta"

Actinidia kolomikta é a especie máis resitente (atura os -40 °C), e ten unha follaxe singular variegada con manchas brancas e rosadas. O froito é moi miudiño, 8 g ou menos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sunset Western Garden Book, 1995:606–607

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]