Acta de Goberno de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Acta de Goberno de Irlanda, coñecida en inglés coma Home Rule, foi o Estatuto que dotaba a Irlanda dunha certa autonomía dentro do Reino Unido.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende finais do século XIX o Partido Parlamentario Irlandés viña demandando ao goberno británico un maior autogoberno para a illa irlandesa. Con ese obxectivo, o PPI fixo pasar 4 proxectos de autonomía polo Parlamento do Reino Unido. Os dous primeiros, en 1886 e 1893, foron rexeitados. O presentado en 1914 foi aprobado, pero non entrou en vigor polo estalido da Primeira Guerra Mundial. Só a de 1920 logrou aplicarse finalmente, pero só no Ulster, xa que no resto da illa constituíuse o Estado Libre Irlandés.