Saltar ao contido

Acordo de París de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acordo de París de 2015
Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
 Causa de
 Causado por
Características
 Aspecto de
 Forma xurídica
Datas
 Data
12 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
12 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
 Entrada en vigor
4 de novembro de 2016 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Implicados
 Ratificado por
República Popular da China (3 de setembro de 2016) Editar o valor en Wikidata
 Autor/a
 Asinantes
Unión Europea (4 de novembro de 2021)
Irán (22 de abril de 2016)
Francia (22 de abril de 2016)
Turquía (22 de abril de 2016)
Andorra (22 de abril de 2016)
República Checa (22 de abril de 2016)
Australia (22 de abril de 2016)
Corea do Sur (22 de abril de 2016)
Alemaña (22 de abril de 2016)
Rusia (22 de abril de 2016)
Canadá (22 de abril de 2016)
India (22 de abril de 2016)
Tunisia (22 de abril de 2016)
Xapón (22 de abril de 2016)
República Popular da China (22 de abril de 2016) Editar o valor en Wikidata
 Depositario
 Autoridade executiva
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF5536174817773633910008 Editar o valor en Wikidata
 Obra dispoñible en
Wikidata C:Commons

O Acordo de París é un acordo adaptado dentro da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC). Como consecuencia dese acordo, no ano 2020 habería que ter reducido as emisións de dióxido de carbono. O acordo foi adoptado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015 o 12 de decembro de 2015 e tiña como obxectivo deter o efecto invernadoiro, é dicir, evitar que a temperatura global da Terra subise máis de dous graos. Estes dous graos eran vistos como liñas vermellas para manter dalgún xeito o equilibrio do planeta. Porén, os plans para reducir as emisións de gases non eran vinculantes.

O acordo publicouse en seis idiomas: árabe, mandarín, español, francés, inglés e ruso.

175 países asinaron o Acordo de París en Nova York en 2016, o maior número xamais asinado na loita contra o quecemento global. Entre eles, os maiores emisores mundiais de gases de efecto invernadoiro eran os Estados Unidos e a China.[1] O 1 de xuño de 2017, o presidente dos EUA, Donald Trump, anunciou que o seu país se retiraría do acordo.[2] Non obstante, Joe Biden, en canto chegou ao poder, volveu adherir o país ao Acordo o 20 de xuño de 2021.[3]

Conferencia das Partes

[editar | editar a fonte]

A Conferencia das Partes (COP) é a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, que celebra cumes anuais sobre o clima ás que asisten 196 países membro da ONU.[4] A primeira conferencia celebrouse en 1994 (COP1). O primeiro acordo para combater as emisións de gases acadouse en 1997 (COP3), coñecido como Protocolo de Quioto. Neste acordo, os países acordaron reducir emisións nun 5 %. O protocolo foi desenvolvido na COP6, COP7, COP9 e COP11 e entrou en vigor o 16 de febreiro de 2005.[5]

O Acordo de París foi acordado na COP21. Establecéronse dúas condicións para que o acordo entrase en vigor: a ratificación por parte de 55 dos países participantes e unha redución global das emisións entre eles, chegando ao 55 %. En canto se cumpriron estas condicións, o Acordo entrou en vigor o 4 de novembro de 2016.

O récord de emisións de gases de efecto invernadoiro volveu romperse en 2018, continuando a tendencia de anos anteriores. No caso do dióxido de carbono (CO2), observando a concentración no aire, a media global sería de 399,4 partes por millón (ppm). Desde 1960, a media foi de 0,6 por ano e, desde entón, aumentou aproximadamente en 2,1 unidades por ano.[6]

O 22 de abril de 2016 (Día da Terra), na sede das Nacións Unidas en Nova York, 175 países de todo o mundo asinaron o Acordo de París, incluíndo todos agás vinte: Arabia Saudita, Armenia, Benín, Birmania, Cabo Verde, Chile, Ecuador, Gambia, Iraq, Casaquistán, Corea do Norte, Corea do Sur, Laos, Macedonia, Moldavia, Nicaragua, Nixeria, Siria, Iemen e Zambia.[7]

O Acordo de París podíase asinar ou ratificar: quen o ratificaba expresaba o seu desexo pleno de que entrase en vigor e comprometíase a axudar a cumprir as condicións para a súa implementación. Non todos os que o asinaron estaban totalmente de acordo, pero mantiñan o compromiso de cumprir o acordo ao entrar en vigor.

192 países e a Unión Europea ratificaron o Acordo de París e 195 países e a Unión Europea son signatarios del. Os únicos que non o ratificaron son Eritrea, Irán, Libia e Iemen.[8]

Obxectivo principal

[editar | editar a fonte]

A base do Acordo de París era un aumento do 2% da temperatura media global para finais de século. 2°C e, se é posible, 1,5 °C por riba dos niveis preindustriais[9] para o 2021. En 2018, a temperatura media global aumentou 1,11 graos Celsius por riba dos niveis preindustriais.. [10]

As Contribucións Determinadas a Nivel Nacional (Nationally Determined Contribution, NDC) son os plans elaborados por cada país para cumprir co acordado no Acordo de París. Renóvanse cada cinco anos e, en cada ocasión, preséntanse medidas máis ambiciosas. A primeira rolda de presentacións tivo lugar en 2020. Estes plans deben ser transparentes e realizase unha avaliación global cada lustro para avaliar os resultados acadados por todos e, se fose necesario, solicitar melloras nas contribucións determinadas a nivel nacional. A primeira rolda destas avaliacións tería lugar en 2023.[9]

Logros e problemas

[editar | editar a fonte]

A COP26 celebrouse en Glasgow en 2021. Estaba previsto para 2020, pero debido á pandemia de COVID-19 tivo que ser aprazado e celebrouse unha reunión en liña. Ademais, como resultado da pandemia, algúns países abandonaron o Acordo de París e priorizaron o mantemento das súas economías. Ademais, as Nacións Unidas afirmaron que os plans dos países que máis emiten son insuficientes e que a temperatura media global podería subir 3 graos para o ano 2100, en comparación co límite de 2 graos do Acordo de París.[11]

  1. ↑ United Nations News Service Section (2016-09-03). "UN News - In historic ceremony, UN chief hails China, US for formally joining Paris climate agreement". UN News Service Section (en inglés). Consultado o 2026-09-16.
  2. ↑ Hunt, Elle; Levin, Sam; McCarthy, Tom; Hunt (now), Elle; McCarthy (earlier), Tom (2017-06-02). "Paris climate agreement: World reacts as Trump pulls out of global accord – as it happened". the Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-09-16.
  3. ↑ "Joe Biden reincorpora a Estados Unidos al Acuerdo de París sobre cambio climático". La Vanguardia (en castelán). 2021-01-21. Consultado o 2026-09-16.
  4. ↑ "Qué es la COP". cop25.mma.gob.cl (en castelán). Consultado o 2026-09-16.
  5. ↑ "Home". Climate Change (en inglés). Consultado o 2026-09-16.
  6. ↑ "¿Qué son los gases de efecto invernadero y cuáles son sus efectos?". National Geographic España (en castelán). Consultado o 2026-09-16.
  7. ↑ "Descubre los 20 países que no firmaron el acuerdo del cambio climático". La Vanguardia (en castelán). 2016-04-25. Consultado o 2026-09-16.
  8. ↑ "United Nations Treaty Collection". treaties.un.org (en inglés). Consultado o 2026-09-16.
  9. 1 2 "the-paris-agreement/el-acuerdo-de-paris". unfccc.int (en inglés e castelán). Consultado o 2026-09-16.
  10. ↑ iAgua, redaccion (2022-01-19). "La OMM sitúa a 2021 como uno de los siete más cálidos desde que hay registros". iAgua (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 2026-09-16.
  11. ↑ "Tras cinco años de acuerdo climático, ¿qué ha cambiado?". dw.com (en castelán). Consultado o 2026-09-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]