Acindar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

ACINDAR (acrónimo de Aceros Industria Argentina), é unha empresa arxentina que fabrica aceiros para a industria, o campo e a construción.

Fundouse no ano 1942, instalándose a súa primeira planta industrial na zona sur de Rosario. A crecente expansión industrial determinou á empresa, que producía 100 000 toneladas anuais de aceiro, a abrir en 1951 unha nova planta en Villa Constitución.

Cotiza na Bolsa de Comercio de Buenos Aires desde 1948.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]