Normativa oficial do galego - A acentuación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Acentuación")
Normativa oficial do galego
Índice
  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

A acentuación

O acento gráfico[editar | editar a fonte]

Unhas regras de acentuación adecuadas ao galego deben permitir recoñecer a sílaba tónica en todos os casos, ser facilmente memorizables e esixir un uso mínimo de acentos gráficos.

No galego só se usa un tipo de acento gráfico, o agudo (´).

Palabras agudas[editar | editar a fonte]

As palabras agudas ou oxítonas acentúanse graficamente cando son polisílabas e rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s ou en vogal + ns: mazá, café, alí, tirizó, calacú, irmán, alguén, ninguén, latín, corazón, algún, ningún, mazás, cafés, cadrís, tirizós, calacús, irmáns, reféns, latíns, corazóns, algúns, comúns.

Non se acentúan cando son monosílabas nin cando acaban en ditongo decrecente (seguido ou non de n ou s) ou noutra consoante que non sexa -n ou -s. Así: xa, la, fe, di, si, cu, Xan, can, len, din, don, fun, tres, amei, amou, seguiu, recibiu, colleu, ademais, capitais, papeis, españois, azuis, capital, papel, cantar...

Para a acentuación de i, u en hiato, véxase acentuación de i, u en hiato.

Palabras graves[editar | editar a fonte]

Levan acento gráfico as palabras graves ou paroxítonas cando rematan en consoante distinta de -n ou -s e en grupos consonánticos distintos de -ns. Así: móbil, carácter, alférez, fórceps, bíceps, Félix, clímax. Tamén se acentúan as palabras graves con ditongo decrecente na última sílaba: amábeis.

En consecuencia, non se acentúan as palabras graves rematadas en vogal, vogal + n, vogal + s ou vogal + ns. Así: canta, cantara; cantan, cantaran; cantas, cantaras, lapis; canons, colons, dolmens.

Para a acentuación de i, u en hiato, véxase acentuación de i, u en hiato.

Palabras esdrúxulas[editar | editar a fonte]

As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas levan sempre acento gráfico: bárbaro, tépedo, tónico...

Acentuación de i, u en hiato[editar | editar a fonte]

Con independencia do establecido nos epígrafes precedentes, as vogais i, u tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así: acentúo, aínda, baúl,caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, moía, prexuízo, raíña, raíz, roía, ruído, saía, saín, saír, súa, traía, túa, xuízo, etc. Para os efectos de indicar que non forman ditongo coa anterior, as vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre ambas aparece o grafema h: prohibido.

Non levan acento gráfico, as vogais i, u tónicas que forman ditongo crecente ou decrecente coa vogal que as segue ou que as precede: bilingüismo, lingüista, puido, partiu, seguiu.

Acentuación dos estranxeirismos e latinismos[editar | editar a fonte]

Os latinismos e palabras estranxeiras de circulación corrente, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente. Así:

  • Palabras agudas: autobús, iglú, obús, organdí, popurrí, puré, ralentí, tabú, vermú, xampú, iglús, purés, xampús; aerosol, anorak, argot, autocar, autostop, ballet, boicot, coñac, fagot, iceberg, leitmotiv, neceser, relax, voleibol.
  • Palabras graves: accésit, béisbol, cénit, ídem, karaoke, líder, álbum, médium, macádam, quórum, réquiem, smóking, superávit, tándem, télex, tótem; harakiri, ioga, lapilli, mitin, pelotari, penalti, pizza, quimono,ravioli, zombi.
  • Palabras esdrúxulas: bádminton, búmerang, cárdigan, déficit, hábitat, hándicap, ínterim, magníficat, párkinson.

As palabras rematadas graficamente en -y teñen o mesmo tratamento ca as rematadas en -i: playboy, spray (coma convoi, samurai), hóckey, hippy, hobby, rugby, whisky.

As palabras estranxeiras e latinismos poden carecer do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando se escriban destacadas para subliñar o seu carácter de estranxeirismos.

Casos especiais de acentuación[editar | editar a fonte]

O acento diacrítico[editar | editar a fonte]

Utilízase o acento gráfico con función diacrítica para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian porque a vogal tónica ten diferente timbre ou porque unha palabra é tónica e a outra átona (póla/pola, dá/da). En moitos casos non é necesario facer diferenzas gráficas, porque o significado das palabras resulta claro ao apareceren en contextos diferentes: el colle (o aberto), colle ti(o pechado), el mete (e aberto), mete ti (e pechado), etc. Outras veces pode haber confusións e por iso cómpre poñerlle acento a unha das dúas formas homógrafas; neste caso pónselle sempre acento gráfico á palabra que ten vogal aberta ou á que é tónica. Así:

á (a prep. + a artigo; subst.) a (artigo; pron.; prep., letra)
ás (a prep. + as artigo; subst.) as (artigo; pron.)
bóla (‘esfera’) bola (peza de pan)
bólas (‘esferas’) bolas (pezas de pan)
(ca + a) ca (conx., interx., símbolo de centiárea e do calcio)
cás (ca + as) cas (prep.)
chá (‘plana’) cha (che + a)
chás (‘planas’) chas (che + as)
(ca + o) co (con + o, símbolo do cobalto)
cós (ca + os) cos (con + os)
cómpre (‘é mester’; de cumprir, pero para o significado de "ser necesario") compre (de comprar, ‘merque’; de cumprir, pero para o significado de "realizar", "levar a cabo")
cómpren (‘son mester’; de cumprir, pero para o significado de "ser necesario") compren (de comprar, ‘merquen’; de cumprir, pero para o significado de "realizar", "levar a cabo")
cós (ca + os; subst.) cos (con + os)
(pres. e imp. de dar) - As formas proclíticas levan til. P. ex.: dámo, dállo da (de + a)
dás (pres. de dar) - As formas proclíticas levan til. P. ex.: dásmos, dásme das (de + as)
(‘compaixón’; nota musical) do (de + o)
dós (‘compaixóns’; nota musical) dos (de + os)
é (pres. de ser) - As formas proclíticas levan til. P. ex.: éche, évos e (conx., letra)
fóra (adv.) fora (antepret. de ser e ir)
(‘ruín’) ma (me + a)
máis (adv. e pron.) mais (conx.)
más (‘ruíns’) mas (me + as)
(subst.) no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de ) nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o) o (artigo; pron., letra)
ós (a + os) os (artigo; pron.)
óso (do corpo) oso (animal)
ósos (do corpo) osos (animais)
(parte do corpo) pe (letra)
pés (plural. parte do corpo) pes (plural. letra)
póla (‘rama’) pola (‘galiña’; por + a)
pólas (‘ramas’) polas (‘galiñas’; por + as)
pór ("poñer") - As formas proclíticas levan til. P. ex.: pórlles, pórnos por (prep.)
présa ("apuro") presa ("prendida"; "presada")
("sede eclesiástica"; imp. de ser) - O plural do substantivo leva til sés se (conx.; pron., símbolo do selenio)
(adv. e adx.) so (prep.)
("infusión") te (pron., símbolo do telurio; letra)
tés ("infusións") tes (pres. de ter; letra plural)
vén (pres. de vir) ven (pres. de ver; imp. de vir)
vés (pres. de vir) ves (pres. de ver)
vós (pron. Tónico) vos (pron. Átono)

Noutros casos o acento só se utilizará en contexto ambiguos e marcando sempre ortograficamente a palabra con vogal aberta: (el) ten / ten (ti).

Para os interrogativos e exclamativos véxase outros casos.

O verbo con pronome enclítico e cos alomorfos do artigo lo(s), la(s)[editar | editar a fonte]

Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse coma se fosen unha soa palabra. Por iso escribimos cantará / cantara, cantaraa /cantáraa; beberá / bebera, beberaa /bebéraa; recibirá / recibira, recibiraa / recibíraa; bebérala /beberala; cantárana / cantarana; métese; méteseche; meteuse;metéusenos; tómao; fixéronllelo, etc.

Se se utiliza a combinación verbo + variante alomórfica –lo do artigo, acentúase tamén coma se fose unha única palabra: cóme-lo caldo / come-lo caldo, bebéra-la auga / bebera-la auga, etc.

As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome: é / élle / éa;dáo / dáme / dálle; ti dálo á forza / dáslle; vélo comprar?

Os adverbios en -mente. Palabras compostas[editar | editar a fonte]

Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en -mente. Por iso debemos escribir comicamente, comunmente, dificilmente, friamente, habilmente, rapidamente,rexamente, finxidamente, utilmente... No caso de apareceren varios adverbios en -mente coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro, e os anteriores manteñen o seu acento: cómoda e facilmente.

Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas: Riotorto, fervellasverzas, vichelocrego, etc.

Outros casos[editar | editar a fonte]

A utilización de recursos gráficos para distinguir entre as funcións gramaticais que pode ter unha mesma palabra debe reducirse a aqueles casos que poidan causar problemas de interpretación do texto escrito. Por outra parte, o acento diacrítico utilízase unicamente para diferenciar palabras en principio homógrafas mais non homófonas, polo que o seu uso para diferenciar, por exemplo, este, ese,aquel, etc. en función substantiva de este, ese, aquel, etc. En función adxectiva, supoñería a introdución dun novo criterio non xustificado. De acordo con isto, non se acentúan en ningún caso nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un: esta mesa, quero esta, mira esa, colle aquela, un can, un deles, dáme un. Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas: cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?, onde está?, que queres?, quen cho deu?, que desgraza!

Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen interrogativas indirectas (pregúntalle cando volve, pregúntalle onde está, preguntoulle cal quería), agás cando fose preciso para evitar posibles anfiboloxías: dille qué queres, / dille que queres, xa sabes que hai?, xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou, etc.

Diferenzas coa ortografía castelá[editar | editar a fonte]

  • Os adverbios acabados en -mente en galego non levan til, en castelán conservan o til segundo se adverbio normal. Ex: rapidamente / rápidamente; actualmente / actualmente
  • Os interrogativos e exclamativos non levan til en galego (agás cando fose preciso para evitar posibles anfiboloxías), en castelán si.
  • As palabras agudas que acaban en ditongo decrecente seguido de n ou s, en galego non levan til e cando son graves si.

En castelán seguen as regras de acentuación, é dicir, as agudas acabadas en n ou s levan til e as graves non. Ex: ademais / hacéis; amábeis / hicisteis

  • As palabras que teñen un hiato formado por dúas vogais con i, u e cando a vogal tónica é a segunda, en galego leva sempre til, en castelán non. ruído /r uido