Aceite de noz
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f8/Walnutoilcan.jpg/220px-Walnutoilcan.jpg)
O aceite de noz, ou de croucho, é un aceite extraído das noces da nogueira común (especie Juglans regia).
É un aceite comestible pero bastante caro, ten unha leve cor e un cheiro e sabor delicado. Xeralmente non se utiliza para fritir porque perde parte das súas propiedades distintivas. Adóitase utilizar en pratos fríos e en salsas para ensaladas. Ten propiedades antioxidantes. A maioría deste aceite prodúcese en Francia, pero tamén se fai en Australia, Nova Zelandia e California.
O aceite de noces é unha boa fonte dos ácidos graxos esenciais Omega-3.
Na arte
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f8/Walnutoil-cup.jpg/220px-Walnutoil-cup.jpg)
Durante o Renacemento este aceite usábase nas pinturas artísticas xa que se seca rapidamente e ademais permitía limpar os pinceis. Con todo o aceite de liño daba un mellor acabado á preparación das teas.
Tamén se utiliza no traballo da madeira que estea en contacto cos alimentos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de aceite de noz |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aceite de noz |