Accidente da Lavacolla (1978)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2020.) |
| Accidente da Lavacolla | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O accidente da Lavacolla, tamén coñecido coma accidente do Españoleto, foi o segundo contratempo de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 3 de marzo de 1978, un avión DC-8 da compañía Iberia procedente de Madrid tomou terra lonxe do comezo da pista do aeroporto da Lavacolla, obrigando ao piloto a esquivar bruscamente a estrutura do sistema ILS da cabeceira sur e caendo por un valado. Non houbo vítimas mortais.
O accidente
[editar | editar a fonte]O avión accidentado era un DC-8-63 da compañía Iberia con rexistro EC-BMX procedente de Madrid, de nome Españoleto, pilotado polo comandante Jaime Ordovás e levaba a bordo a 208 pasaxeiros e 12 tripulantes. A hora prevista para a súa chegada eran as 17:05 horas da tarde, porén chegaba ao aeroporto da Lavacolla con 20 minutos de atraso.
Unha manobra de aterraxe incorrecta provocou que o avión tomase terra lonxe do comezo da pista. Logo de que o piloto evitase o impacto contra a estrutura do sistema ILS da cabeceira sur, a aeronave caeu por un valado, incendiándose posteriormente.
O piloto, que afirmou contar con boa visibilidade durante a manobra de aterraxe, indicou que as fortes precipitacións que media hora antes asolagaron a pista foron a causa de que o McDonell Douglas DC-8 que pilotaba sufrise o fenómeno do aquaplanning ao tocar o chan.
A pericia do piloto e a rápida actuación dos bombeiros e dos demais servizos de emerxencia evitaron un accidente máis grave.
Vítimas
[editar | editar a fonte]O accidente saldouse con setenta feridos, dez graves e sesenta leves, que foron atendidos no hospital Xeral de Galicia, no policlínico da Rosaleda e nos sanatorios dos doutores Álvarez e Señarís.
No Españoleto viaxaban persoeiros relacionados coa política, como o ministro de Cultura Pío Cabanillas e destacados centristas coruñeses como José Luis Meilán Gil, Antonio Vázquez Guillén e Nona Inés Vilariño. Tamén viaxaban personalidades da cultura e do ensino como o filósofo José Luis López Aranguren e o catedrático de Medicina da USC e doutor Alfonso Varela Núñez[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nacho Mirás Fole (24 de febreiro de 2013). "El «Españoleto» aterrizó como pudo". La Voz de Galicia.
