Acción positiva
Aparencia
Acción positiva[1] é a política de protexer membros de grupos desfavorecidos que sofren ou sufriron discriminación[2] a mans de grupos privilexiados dentro dunha cultura.
Historicamente e, a nivel internacional, o apoio á discriminación positiva tratou de lograr obxectivos como: a redución das desigualdades no emprego e a remuneración[3], o aumento do acceso á educación, a promoción da diversidade, accións correctivas para diminuír a fenda de xénero e a reparación de aparentes agravios, danos ou obstáculos do pasado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Acción positiva", no Glosario de termos da Seguridade Social (2006).
- ↑ "LA ACCIÓN POSITIVA: ¿HERRAMIENTA PARA LA EQUIDAD O FUENTE DE DESIGUALD". PeriFéricas (en castelán). 2025-03-11. Consultado o 2025-11-23.
- ↑ pululart (2022-04-07). "¿Qué son las acciones positivas? Ejemplos y situaciones". Igualdade Laboral (en castelán). Consultado o 2025-11-23.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|