Acción polo Renacemento Corso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Acción polo Renacemento Corso (1973-1976)
Acción Rexionalista Corsa (1967-1973)
Partido político desaparecido de Córsega
Dirixentes e organización
LíderMax Simeoni e Edmond Simeoni
Historia
Fundación1973
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo corso
Autonomismo
Marxismo

Acción polo Renacemento Corso (Corso: Azzione per a rinascita di a Corsica, ARC) foi un partido político nacionalista corso e autonomista fundado en 1967 a partir dunha escisión da Fronte Rexionalista Corsa liderada polos irmáns Simeone. Entre 1967 e 1973 era coñecido como Acción Rexionalista Corsa.

Historia[editar | editar a fonte]

ARC xurdiu en 1967 a partir dunha escisión da Fronte Rexionalista Corsa (FRC), liderada polos irmáns Max Simeoni e Edmond Simeoni. Esta escisión reclamaba máis autonomía insular na xestión de recursos. Nas eleccións cantonais de 1967 obtén o 12% do voto e convoca manifestacións en toda a illa. A partir de 1969 ARC promove unha campaña de atentados con bomba por toda Córsega. En 1970 a formación obtén un novo éxito electoral coa consecución do 15% dos votos nas eleccións cantonais. As principais actividades da organización neses anos son a reclamación da creación dunha Asemblea de Córsega escollida por sufraxio universal e a participación nas manifestacións contra os verquidos de mercurio de Montedison (1972). En 1973 adopta o novo nome de Acción polo Renacemento Corso (ARC). Neste momento a organización contaba con perto de 500 militantes e reclamaba unha autonomía real. Ese mesmo ano a ARC emite un manifesto conxunto co Partido do Pobo Corso (a coñecida coma Chjama di Castellare) e é acusado de ter levado a cabo máis de 40 ataques contra intereses chamados "coloniais".

No setembro de 1974, presionados polas accións do FLNC, a ARC convoca un congreso en Corte, con 8.000 participantes, onde baixo o lema de I francesi fora ("Os franceses fóra") deciden pasar á acción directa contra ás plantacións dos pied-noirs instalados polo SOMIVAC. A principal consecuencia desta nova estratexía foron os "Feitos de Aléria", en agosto de 1975, que causan o encarcelamento de Edmond Simeoni e a prohibición da ARC polo goberno francés. En 1976 a organización disólvese, a maioría dos seus militantes únense á Unión do Pobo Corso (UPC).

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Robert Ramsay (1983): The Corsican Time-Bomb. Manchester University Press, Manchester.
  • Xosé Manuel Núñez Seixas (1998): Movimientos nacionalistas en Europa en el siglo XX. Ed. Síntesis, Col. Historia Universal Contemporánea, 26 Madrid.