Acción Social (Forcarei)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acción Social
editar datos en Wikidata ]

Acción Social foi un periódico editado en Forcarei entre 1923 e 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano mensual defensor de las Sociedades de Forcarey y sus contornos, apareceu en Forcarei en 1923. Fundado e dirixido por José María Cabadas Vilar. De tendencia agrarista, foi o voceiro da Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Contou co apoio dos emigrantes da Terra de Montes nos Estados Unidos de América e na Arxentina. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Martínez Díaz, con artigos en galego, e a moza de Presqueiras Dolores Cendán. Cesou a súa publicación o 31 de maio de 1924 coa ditadura de Primo de Rivera. Consérvanse 11 exemplares no Museo do Pobo Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]