Saltar ao contido

Acción Agraria (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acción Agraria
Fundación1926
Lingualingua castelá
LocalidadeBuenos Aires
editar datos en Wikidata ]

Acción Agraria foi un periódico publicado en Buenos Aires entre 1926 e 1929.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de información y fomento del agrarismo de los distritos de Puenteareas y Salvatierra (Galicia), apareceu en outubro de 1926. Dirixido por Ramón Rodríguez. De tendencia agrarista de esquerdas, foi denunciada e prohibida a súa venda en Galicia.[1] En outubro de 1927 publicou un número extraordinario de dez páxinas con motivo do seu primeiro aniversario.[2] O número 21 apareceu o 15 de xuño o de 1928.[3] En outubro de 1928 apareceu un número conmemorativo do seu segundo aniversario.[4] En 1929 cambiou o seu título por Acción Gallega e a partir do número 37 (25 de outubro de 1929) converteuse no "Organo de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires", continuando coa súa numeración.[5]

  1. Correo de Galicia, 26-6-1927, p. 3.
  2. Céltiga, 68, 25-10-1927, p. 8.
  3. El Despertar Gallego, 1-7-1928, p. 1.
  4. El Despertar Gallego, 7-10-1928, p. 3.
  5. Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. pp. 51–52. ISBN 978-950-786-574-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]