Acantisítidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Acantisítidos
Acanthisittidae

Rango fósil: Mioceno- Actualidade[1]
Rock wren.jpg
Xenicus gilviventris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Acanthisitti
Wolters, 1977
Familia: Acanthisittidae
Sundevall, 1872
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos acantisítidos (Acanthisittidae) é unha familia de aves paseriformes que comprende os acantisitas, paxaros de pequeno tamaño endémicos de Nova Zelandia e parecidos aos carrizos de América e Eurasia en aparencia e comportamento, pero non están emparentados directamente con eles.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1872 polo médico sueco, dedicado á zooloxía, Carl Jakob Sundevall.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Acanthisittidae, está formado, como é a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Acanthisitta, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia comprende 3 xéneros, un deles extinto,[3] cun total de 4 especies (dúas de elas extintas).[4]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Non hai acordo entre as autoridades respecto á suborde dos paseriformes ao que pertecen os acantisítidos. Ás veces inclúense en Passeri e ás veces en Tyranni, pero recentes estudos de hibridación de ADN suxiren que poderían formar unha terceira suborde independiente, a dos Acanthisitti.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Os acantistas son paxaros de pequeno tamaño (de 7 a 10 cm), bico fino e aguzado, ás curtas e arredondadas e cola moi curta. A súa plumaxe é pouco vistosa. Das especies das que se coñece a plumaxe, son aves de cor parda con algunhas plumas pardas verdosas.

Forman parellas monógamas para criaren, poñendo os seus ovos en pequenos niños en árbores ou entre rochas. Son diúrnos e, como todos os paseriformes de Nova Zelandia, na súa maior parte, son sedentarios.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Son endémicos de Nova Zelandia. Son insectívoros que habitan nos bosques e matogueiras, desde o nivel do mar até o límite das árbores. Unha especie vive en zonas alpinas e subalpinas. As dúas especies restantes son malas voadoras e sábese que as especies extintas non puedían voar, ou sospéitase que foron non voadoras (segundo as observacións de aves vivas e o tamaño do seu esterno); xunto coa especie, tamén estinta, Emberiza alcoveri, que habitou en Tenerife, (Illas Canarias), son os únicos paseriformes que se sabe que perderon a capacidade de voaren.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibligrafía[editar | editar a fonte]

  • Ericson, P. G. P.; Christidis, L.; Cooper, A.; Irestedt, M.; Jackson, J.; Johansson, U. S. & Norman, J. A. (2002): "A Gondwanan origin of passerine birds supported by DNA sequences of the endemic New Zealand wrens". Proceedings of the Royal Society of London (B) 269: 235–241.
  • Worthy, T. H.; Hand, S. J.; Nguyen, J. M. T.; Tennyson, A. J. D.; Worthy, J. P.; Scofield, R. P.; Boles, W. E. & Archer, M. (2010): "Biogeographical and phylogenetic implications of an Early Miocene wren (Aves: Passeriformes: Acanthisittidae) from New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 30 (2): 479–498.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]