Berberecho macho
Aparencia
(Redirección desde «Acanthocardia aculeata»)
| Berberecho macho | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O berberecho macho[1] (Acanthocardia aculeata) é unha especie de molusco bivalvo mariño da familia Cardiidae pertencente ao xénero Acanthocardia.
Descrición
[editar | editar a fonte]A cuncha do berberecho macho pode acadar os 50–115 mm de tamaño. Esta cuncha é robusta, ovalada, cun perfil de forma de corazón, coas valvas iguais e inchadas, coas marxes crenuladas. A superficie amosa 20-22 costelas radiais prominentes, con filas de espiñas afiadas, especialmente aos lados. A coloración básica é normalmente marrón pálida. O interior é branco, con rañuras que se estenden polo interior.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]O berberecho macho atópase polo mar Mediterráneo e o océano Atlántico europeo. Esta especie está presente no sublitoral areoso lamacento. Estes moluscos alímentanse de fitoplancto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 50. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Repetto G., Orlando F. & Arduino G. (2005): Conchiglie del Mediterraneo, Amici del Museo "Federico Eusebio", Alba, Italia