Acantharea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Acantharea
Especies de Acantharea
Especies de Acantharea
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Rhizaria
Superfilo: Retaria
Filo: Radiolaria
Clase: Acantharea
Haeckel, 1881, emend. Mikrjukov, 2000

Os Acantharea (Acantharia) son un grupo de protozoos radiolarios,[1] que se distinguen principalmente polos seus esqueletos. A categoría taxonómica que se lles outorga varía segundo as clasificacións. Son exclusivamente mariños, sobre todo de augas tropicais e subtropicais, pero tamén en mares máis fríos, e son de vida libre e de 0,005 mm a 5 mm de diámetro.[2] Aliméntanse de bacterias, diatomeas e outras algas planctónicas de similar tamaño e doutros protozoos e mesmo de pequenas larvas de animais. Algunhas albergan zooxantelas.[2]

Estrutura[editar | editar a fonte]

A célula consta dun endoplasma central cos núcleos e orgánulos, e un ectoplasma periférico. Os esqueletos conteñen cristais de celestita (sulfato de estroncio),[3] que non fosilizan, e toman a forma de dez espiñas (axópodos) diametrais (que poden interpretarse como vinte espiñas radiais)[4]. A cápsula central está feita de microfibrilas dispostas formando vinte placas, cada unha cun buraco a través do cal se proxecta unha espiña, e hai tamén un córtex microfibrilar ligado ás espiñas por mionemas (que teñen mobilidade e cambian a forma e flotabilidade da célula). Estes axudan á flotación, xunto cos vacúolos do ectoplasma, que a miúdo conteñen zooxantelas.

Clasificación pola disposición das espiñas[editar | editar a fonte]

A disposición das súas espiñas é moi precisa, e descríbese pola denominada lei de Müller[5]. É doada de describir en termos de liñas de latitude e lonxitude. Cada liña de lonxitude leva ou dúas espiñas tropicais ou unha ecuatorial e dúas espiñas polares, alternadamente. A forma na que as espiñas se unen entre si no centro da célula varía e é unha das características primarias polas cales se clasifican. Distínguense os seguintes tipos:

Teñen un número fixo de axópodos.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Segundo estudos filoxenéticos baseados no ADNr de 18S e parcial de ADNr de 28S seguramente existen 6 clados principais, subdivididos en 13 subclados. Teñen unha natureza polifilética e será necesario facer unha revisión taxonómica do grupo. As clasificacións tradicionais distinguen uns 50 xéneros e 150 especies, clasificados en 18 familias e 4 ordes: Holacanthida, Chaunacanthida, Symphiacanthida e Arthracanthida.[6]

Ciclo de vida[editar | editar a fonte]

Os adultos son xeralmente multinucleados. Na reprodución obsérvase unha fase sexual por medio dun gamonte e teñen unha fase de enquistamento, o cal comprende a formación de células que se enxamian (antes denominadas "esporas"), que poden ser flaxeladas. Os quistes teñen unha cuberta mineralizada e caen a zonas profundas do mar.[7] Non se observaron todos os estadios do ciclo de vida, e o estudo destes organismos foi dificultado principalmente polo feito de que non se pode mantelos en cultivo en sucesivas xeracións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Polet, S.; Berney, C.; Fahrni, J.; Pawlowski, J. (2004). "Small-subunit ribosomal RNA gene sequences of Phaeodarea challenge the monophyly of Haeckel's Radiolaria". Protist 155 (1): 53–63. doi:10.1078/1434461000164. PMID 15144058.
  2. 2,0 2,1 Tree of Life Acantharia
  3. Brass, G. W. (1980). "Trace elements in acantharian skeletons" (PDF). Limnology and Oceanography (American Society of Limnology and Oceanography, Inc.) 25 (1): 146–149. doi:10.4319/lo.1980.25.1.0146. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2013. Consultado o 14 October 2013. 
  4. Jean Febvre, Colette Febvre-Chevalier. Acantharia. DOI: 10.1038/npg.els.0002102 [1]
  5. Müller, J. 1859. Einige neue Polycysten und Acanthometren des Mittelmeers. Physic abhandlungen der Königlicher Akademie der Wissenschaften aus der Jahre 1858, Berlin, pp. 1-62.
  6. Taxonomy and Molecular Phylogeny. Acantharea
  7. Decelle J, Martin P, Paborstava K, Pond DW, Tarling G, et al. (2013) Diversity, Ecology and Biogeochemistry of Cyst-Forming Acantharia (Radiolaria) in the Oceans. PLoS ONE 8(1): e53598. doi:10.1371/journal.pone.0053598.