Saltar ao contido

Academia de Ciencias de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Academia de Ciencias de California
 Nome oficial
    California Academy of Sciences (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Vista nocturna
Imaxe
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1853 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1853 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
Cifras e dimensións
 Número de visitantes anuais
   1.000.000 Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
76.308.977 $ (2017)
66.454.649 $ (2020)
74.649.716 $ (2019)
85.791.677 $ (2018)
88.151.036 $ (2022)
95.197.826 $ (2021)
71.497.681 $ (2023)
77.495.407 $ (2011)
65.982.876 $ (2012)
91.703.732 $ (2013)
67.477.825 $ (2014)
95.539.995 $ (2015)
83.007.965 $ (2016) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
776.432.772 $ (2022)
832.230.890 $ (2021)
761.119.834 $ (2023)
862.666.306 $ (2011)
830.687.480 $ (2012)
851.009.466 $ (2013)
854.823.393 $ (2014)
832.918.117 $ (2015)
844.166.045 $ (2016)
817.491.395 $ (2017)
820.540.197 $ (2018)
877.897.606 $ (2019)
804.050.299 $ (2020) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
 Enderezo
55 Music Concourse Drive, San Francisco, CA 94118 Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF125418712 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404616769 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02hmm4 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI2803094215 e P4310315611 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Webcast
Facebook: calacademy Twitter: calacademy Instagram: calacademy Youtube: UCZvXaNYIcapCEcaJe_2cP7A Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Sede .

A Academia de Ciencias de California (en inglés: California Academy of Sciences) é un instituto de investigación e un museo de historia natural de San Francisco, California, que está entre os maiores museos de historia natural do mundo e alberga uns 46 millóns de espécimes.[1] A academia empezou a funcionar en 1853 como unha sociedade ilustrada e aínda leva a cabo unha gran cantidade de investigacións orixinais.[2] A institución ten a súa sede no parque Golden Gate no West Side de San Francisco.

A súa sede foi completamente reconstruída en 2008, o principal edificio da Academia no parque Golden Gate ocupa unha área de 37.000 m2.[1][3] A inicios de 2020, antes da pandemia da COVID-19, a Academia de Ciencias de California tiña uns 500 empregados e un orzamento anual duns 33 millóns de dólares.[4] A institución tivo 1,34 millóns de visitantes en 2016.[5]

A Academia de Ciencias de California, o museo en funcionamento máis antigo de California e institución de investigación sobre ciencias naturais, está gobernado por unha xunta directiva de 41 membros[6] que son nomeados e elixidos polos Membros da Academia de Ciencias de California. Os Membros da Academia[7] son, á súa vez, "propostos polos seus colegas e designados pola Xunta Directiva...os Membros permanecen como membros da Comunidade para toda a vida."[8] A xunta directiva é despois responsable de designar os directores executivos da Academia,[9] que, á súa vez, son responsables de supervisar o funcionamento global da Academia e a contratación dos outros directores e empregados.

Instituto das Ciencias da Biodiversidade e a Sustentabilidade (IBSS)

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa función como fonte de educación científica pública polo seu museo, a Academia tamén dirixe o Instituto das Ciencias de Biodiversidade e Sustentabilidade (Institute for Biodiversity Science and Sustainability, IBSS)[10] como a súa rama de investigación, realizando investigacións nos campos da taxonomía, filoxenética e estudos sobre biodiversidade. Aínda que algúns aspectos das coleccións do IBSS e da súa investigación están dispoñibles para que os poidan ver os patrocinadores do museo na exposición "Marabillas Escondidas", a maioría da investigación ocorre en laboratorios e instalacións, "detrás da escena", e non é presenciable polo público[11]. De feito, as instalacións de investigación e administrativas ocupan case o 50 % da estrutura física da Academia.[Cómpre referencia]

Exposicións

[editar | editar a fonte]
O cristal semiesférico da bóveda de 27 m de diámetro que cobre a exposición sobre a selva.
Vista do bosque asolagado amazónico na exposición da selva. Os peixes arapaima, arowana, siluros, pacús, cíclidos e outras especies poden verse a través dun túnel acrílico mergullado.[12]

O tema principal das exposicións é a historia natural. Os recintos do museo inclúen os seguintes:[13]

  • Museo Kimball de Historia Natural, que xeralmente comprende todo o museo fóra do planetario, selva e acuario e inclúe A Sala de África (a exposición de maior duración da Academia), a Ala Leste (onde etá o péndulo de Foucault, tamén un remanente da exposición máis vella, anterior á renovación de 2008 da Academia), a Ala Oeste (que en 2020 albergou varias exposicións xeofísicas), así como varias exposicións máis pequenas distribuídas nos restantes edificios da Academia.
  • Planetario Morrison, que contén unha bóveda cun planetario controlado dixitalmente que mide 27 m de diámetro e 23 m de diámetro de pantalla.
  • Selvas do Mundo, que é unha exposición de selvas dentro dunha bóveda de cristal de 27 m.
  • Acuario Steinhart, que expón hábitats de arrecifes de coral, pozas de marea e pantanos.
Un raro aligátor americano albino chamado Claude
Un pitón reticulado chamado Lemondrop.
Unha das exposicións pequenas de coral no acuario.

Ademais dos seus programas museísticos, a Academia ofrece moitos programas educativos e de compromiso coa comunidade[14] para o público en xeral.

Investigacións

[editar | editar a fonte]

Os científicos da Academia, pertencentes ao Instituto para as Ciencias da Biodiveridade e Sustentabilidade,[15] realizan investigacións en sistemátca e conservación en varios campos, como a antropoloxía, bioloxía mariña, botánica, entomoloxía, herpetoloxía, ictioloxía, zooloxía de invertebrados, mamaloxía, ornitoloxía, xeoloxía e paleontoloxía.[1] Préstase moita atención tamén ás temáticas ambientais, e todos os diversos departamentos colaboran estreitamente para centrarse na bioloxía sistemática e a biodiversidade.[15] Os investigadores da Academia estudan a vida por todo o mundo: unha expedición de 2011 ás Filipinas descubriu unhas 300 especies novas para a ciencia.[16] A Academia publica o xornal revisado por pares Proceedings of the California Academy of Sciences, así como Occasional Papers, Memoirs e Special Publications.[17]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

A Academia de Ciencias Naturais de California fundouse con ese nome en 1853, só tres anos despois de que California se unise como estado aos Estados Unidos, sendo a primeira sociedade dese tipo no oeste dos Estados Unidos. O seu obxectivo declarado era levar a cabo "un completo exame sistemático de todas as partes do Estado e a recolección dun gabinete das súas raras e ricas producións."[Cómpre referencia] Foi renomeada como Academia de Ciencias de California en 1868.

A Academia tiña unha visión progresisa sobre a muller na ciencia, e aprobou unha resolución no seu primeiro ano dicindo que os membros "decididamente aproben a axuda de femias en cada departamento de ciencias naturais e as inviten a cooperar."[18] Esta política fixo que se contratasen varias mulleres en postos profesionais como botánicas, entomólogas e outras ocupacións durante o século XIX, cando as oportunidades que tiñan as mulleres en ciencia eran limitadas, e a miúdo, as que existían estaban restrinxidas a traballos de catalogación non especializados e de cálculo. En 1892, a Academia contratou a Alice Eastwood, unha botánica, que traballou alí ata que se retirou en 1949. Foi ela quen salvou a colección de espécimes tipo de plantas da Academia cando foi destruída polo terremoto de San Francico de 1906, e que reconstruíu os outros espécimes de herbario dos que se perderan 300.000.[19][20][21]

O primeiro museo oficial da Aademia abriu en 1874 na esquina das rúas California e Dupont (agora avenida Grant) no que agora é Chinatown, e chegou a ter uns 80.000 visitantes ao ano.[Cómpre referencia] Para facer fronte a esta popularidade cada vez maior, a academia trasladouse a un edificio novo e máis grande na rúa Market en 1891, financiado co legado de James Lick, un magnate inmobiliario, empresario e filántropo do San Francisco do século XIX.[Cómpre referencia]

Porén, só 15 anos despois, o edificio da rúa Market caeu vítima do terremoto de San Francisco de 1906 e os tres días de incendios que o seguiron, que acabaron con case todo. Na gran destrución acontecida como resultado do terremoto, os curadores e empregados da Academia só conseguiron recuperar unha soa carreta de materiais, con libros de actas, rexistros de membros e 2.000 espécimes tipo.[Cómpre referencia] Naquel momento, a expedición de recolección científica ás illas Galápagos de 1905–1906 (a primeira de varias patrocinadas pola Academia ao arquipélago) xa estaba en camiño, e tornou sete meses despois, proporcionando coleccións para substituír as que se perderan.[22][23]

Sede do parque Golden Gate

[editar | editar a fonte]

En 1916 a Acdemia trasladouse á Sala de América do Norte de Aves e Mamíferos no parque Golden Gate, o primeiro edificio nese lugar que se ía converter na sede permanente.[Cómpre referencia] En 1923 engadiuse o Acuario Steinhart[24], seguido en 1934 da Sala Africana Simson.[Cómpre referencia]

Durante a segunda guerra mundial, a Academia contribuíu aos esforzos de guerra estadounidenses co uso da súas instalacións de obradoiros para reparar equipos ópticos e de navegación para barcos da Mariña dos Estados Unidos; San Francisco foi un porto importante na Guerra do Pacífico.

Os anos da posguerra viron unha ondada de novas construcións neste lugar; engadiuse a Sala de Ciencias en 1951, seguida do planetario Morrison en 1952. O planetario Morrison foi o sétimo maior planetario que e abriu nos Estados Unidos e tiña un proxector de estrelas único na súa clase, construído polos membros do equipo da Academia (en parte usando a experiencia adquirida facendo os traballos ópticos para a Mariña durante a segunda guerra mundial). O proxector da Academia proxectaba estrelas de forma irregulares, en vez das estrelas circulares típicas da maioría dos proxectores de estrelas ópticos. As formas irregulares creábanse situando grans de varios tamaños de carburo de silicio sobre as placas de estrelas de cristal a man, despois aluminizábanse as placas e limpábanse eliminando os grans de carburo de silicio.[Cómpre referencia]

En 1959 adicionáronse a Biblioteca Malliard, a Sala Eastwood de Botánica, e a Habitación Livermore. Ao longo da década de 1960, as universidades concentáronse no novo campo da bioloxía molecular desfacéndose das súas propias coleccións de espécimes tradicionais e confiándoas á Academia, o que orixinou un rápido crecemento do material almacenado da Academia.

En 1969, engadiuse ao sitio outro novo edificio, a Sala Cowell. En 1976, abríronse varias galerías novas e no ano seguinte construírse a "rotonda dos peixes".[Cómpre referencia]

Antes de que o vello edificio fose derrubado en 2005, había unha galería de Vida a través do tempo, que acubillaba unha gran mostra de evolución e paleontoloxía. Había unhs Sala de Xemas e Minerais, unha sección sobre terremotos e a exposición Gary Larson.

Danos por terremoto e novo edificio

[editar | editar a fonte]
A Academia de Ciencias en 2003, dous anos antes de que empezase a reconstrución.

Os edificios da Academia resultaron danados significativamente polo terremoto de Loma Prieta de 1989. Seguidamente, o edificio do Bird Hall foi pechado por razóns de seguirdade. O acuario Steinhart, que tiña unha enxeñaría inapropiada, tamén sufriu danos sísmicos graves por este terremoto.[25]

A medida que se facían plans para reparar o dano e facer o edificio sismicamente estable, quedou claro que sería preciso moito traballo e diñeiro para facer que o edificio cumprise os estándares modernos. Isto favoreceu a idea de que era mellor realizar unha completa renovación da Academia, o que motivou o peche da sede principal e a construción dunha nova.[Cómpre referencia]

A construción dun novo edificio de 500 millóns de dólares empezou o 12 de setembro de 2005, mentres que as exposicións foron trasladadas á rúa Howard 875 para facer alí un museo temporal.[26]

A Academia reabriu o 27 de setembro de 2008. Durante a maior parte do día, a fila para a entrada era de case 2 km, e, aínda que se admitiron 15.000 persoas, varios centos máis non puideron entrar.[27]

En maio de 2020, durante a pandemia de COVID-19, a Academia anunciou que despediría a 105 dos seu 504 empregados de entón, despediría temporalmente outros 96 e aprobou recortes de soldo en parte do resto.[4] Debido aos efectos do confinamento da COVID-19 na venda de entradas, a organización esperaba que os seus ingresos diminuísen nuns 12 millóns de dólares (36 %) no seguinte ano fiscal.[4]

Deseño ambiental do novo edificio

[editar | editar a fonte]
A praza detrás da entrada principal está inundada de luz natural.

O arquitecto que deseñou o proxecto para o novo museo foi Renzo Piano. O seu deseño foi galardoado co Premio á Excelencia do Urban Land Institute (ULI) para a rexión das Américas en 2008,[28] así como o premio Holcim Silver para os proxectos de construción sustentables na rexión de América do Norte en 2005.[29] Un crítico alabou o edificio como un "abrazo abrasadoramente sincero aos valores da Ilustración de verdade e razón", e un "recordatorio confortante da función civilizadora da grande arte nunha idade de bárbaros".[30]

O novo edificio salienta o deseño ambientablemente amigable, seguindo o foco que pon a Academia sobre as preocupacións ecolóxicas e a sustentabilidade ambiental. Recibiu a certificación Platino do programa LEED.[31] Este proxecto apareceu na serie de Discovery Channel Extreme Engineering en 2006,[32] na serie Man-Made do National Geographic Channel en xullo de 2008,[33] e no How Do They Build That? do Smithsonian Channel en agosto de 2022.

O novo edificio inclúe un conxunto de características amables para o medio ambiente, como son:[34][35]

  • Produce un 50 % menos de auga residual que o anterior.
  • Recicla a auga da chuvia para regar.
  • Usa 60.000 células fotovoltaicas.
  • Ten un tellado verde cunha área de 10 hectáreas.
  • Usa luz natural no 90 % dos espazos ocupados.
  • Construíuse cuns 15.000 m3 de cemento reciclado.
  • A construción inclúe 5.000 toneladas de aceiro reciclado.
  • O illamento das paredes está feito con cachos de denim reciclado.

Tellado verde

[editar | editar a fonte]
Detalle do tellado verde ecolóxico en 2009.

O tellado verde da Academia de Ciencias de California ten varias características amigables ambientalmente e un deseño sustentable. Renzo Piano inspirouse nos sete maiores outeiros de San Francisco. Neste tellado verde ecolóxico vivo plantáronse 1,7 millóns de plantas nativas de California. A praza central do museo queda baixo un teito de cristal masivo no tellado, que se abre para permitir que o aire frío da noite flúa ao interior do edificio que hai debaixo; usando este tipo de ventilación natural no canto de aire acondicionado para regular a temperatura interior, o edificio faise máis eficiente enerxeticamente. Renzo Piano e o SWA Group gañaron o premio de deseño da Sociedade Americana de Arquitectos de Paisxes de 2009.[Cómpre referencia]

Personaxes notables

[editar | editar a fonte]

Notables membros do persoal da Academia foron:

A Academia de Ciencias de California, vista desde a torre do Museo de Young.

A Academia de Ciencias de California, vista desde a torre do Museo de Young.

Vista do tellado panorámico desde o Music Concourse en dirección ao Museo de Young subliñada por un conxunto de células solares.

Vista do tellado panorámico desde o Music Concourse en dirección ao Museo de Young subliñada por un conxunto de células solares.
  1. 1 2 3 "Institute of Biodiversity and Sustainability Science". California Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2019.
  2. ↑ "Academy History". California Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
  3. ↑ Wollan, Maria (24 de setembro de 2008). "Academy of Sciences reopens with green theme". NBC News. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
  4. 1 2 3 DiFeliciantonio, Chase (2020-05-27). "California Academy of Sciences announces layoffs, furloughs, pay cuts affecting hundreds". SFChronicle.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2020-05-29. Consultado o 2020-05-30.
  5. ↑ "Largest Bay Area Museums". San Francisco Business Times. 25 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2023. Consultado o 23 de marzo de 2018.
  6. ↑ "Board of Trustees". Arquivado dende o orixinal o 2017-07-27. Consultado o 2015-04-23.
  7. ↑ "The Academy Fellows" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2017-09-23. Consultado o 2015-04-23.
  8. ↑ Fellows of the California Academy of Sciences Arquivado 2017-07-05 en Wayback Machine..
  9. ↑ "Academy Leadership". Arquivado dende o orixinal o 2017-07-27. Consultado o 2015-04-23.
  10. ↑ "Institute for Biodiversity Science and Sustainability". Arquivado dende o orixinal o 2017-07-12. Consultado o 2015-04-23.
  11. ↑ https://www.calacademy.org/exhibits/hidden-wonders-inside-the-academys-collections
  12. ↑ "Rainforest of the World Species List" (PDF). California Academy of Sciences. 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-03-04. Consultado o 2014-02-21.
  13. ↑ "Exhibits". California Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
  14. ↑ "California Academy of Sciences community education programs". Arquivado dende o orixinal o 2017-07-05. Consultado o 2015-04-23.
  15. 1 2 "Institute for Biodiversity Science and Sustainability". California Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2013.
  16. ↑ Olney, Jennifer (23 de xuño de 2011). "Academy researchers make underwater discoveries". KGO-TV. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2013.
  17. ↑ "Scientific Publications". California Academy of Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2013.
  18. ↑ "The California Academy of Science's History". www.calacademy.org (en inglés). Consultado o 2026-03-11.
  19. ↑ "Inventory to the papers of Alice Eastwood at the California Academy of Sciences Library MSS.142 Eastwood (Alice) Papers". researcharchive.calacademy.org. Consultado o 2026-03-11.
  20. 1 2 Bernstein, Leonard; Winkler, Alan; Zierdt-Warshaw, Linda (1996-01-01). Multicultural women of science: three centuries of contributions: with hands-on activities and exercises for the school year (en inglés). Maywood, NJ.: Peoples Pub. Group. ISBN 1562567020. OCLC 34735963.
  21. ↑ Hartlaub, Peter. "The 1906 earthquake destroyed S.F. It made this woman a hero". San Francisco Chronicle (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2024. Consultado o 2026-03-11.
  22. ↑ James, Matthew J. (15 de setembro de 2010). "Collecting Evolution: The Vindication of Charles Darwin by the 1905-06 Galapagos Expedition of the California Academy of Sciences" (PDF). Proceedings of the California Academy of Sciences 61 (Supplement II): 197–210. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2014. Consultado o 6 de maio de 2013.
  23. ↑ James, Matthew J. "The boat, the bay, and the museum" (PDF). Routledge, Londres. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de marzo de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2014.
  24. ↑ "A Century of Steinhart Aquarium - California Academy of Sciences". www.calacademy.org (en inglés). Consultado o 2026-03-18.
  25. ↑ "What is the California Academy of Sciences?". Wisegeek.net. 2013-10-29. Arquivado dende o orixinal o 2018-11-06. Consultado o 2013-11-06.
  26. ↑ "A Bridge Between: California Academy of Sciences and Steinhart Aquarium Transition Facility by Melander Architects". ArchNewsNow. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2015.
  27. ↑ Perlman, David (28 de setembro de 2008). "Mile-long line for Academy of Sciences opening". San Francisco Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2012. Consultado o 6 de maio de 2013.
  28. ↑ Lobo, Daniel. "ULI awards for excellence: winners through the years". Urban Land Institute. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
  29. ↑ Rochon, Lisa (6 de outubro de 2005). "Quelle surprise! Uber-building shutout; A low-income housing project in Montreal has won a prestigious prize". The Globe and Mail (Toronto). p. R3.
  30. ↑ Ouroussoff, Nicolai (23 de setembro de 2008). "A building that blooms and grows, balancing nature and civilization". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 6 de maio de 2013.
  31. ↑ "New California Academy of Sciences receives highest possible rating from U.S. Green Building Council: LEED Platinum". California Academy of Sciences (Nota de prensa). 8 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
  32. ↑ "California Academy of Sciences". Extreme Engineering. Tempada 5. Episodio 5. 8 de novembro de 2006. Discovery Channel. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 6 de maio de 2013.
  33. ↑ "Hi-Tech Museum". Man-Made. Tempada 1. Episodio 11. 17 de xullo de 2008. National Geographic Channel. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008.
  34. ↑ Simons, Eric (set4embro-outubro de 2008). "Concrete and strawberries". California Magazine (University of California Alumni Association): 52–53. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de maio de 2013.
  35. ↑ Chino, Mike (22 de setembro de 2008). "The new green California Academy of Sciences unveiled!". inhabit: design will save the world. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2013. Consultado o 6 de maio de 2013.
  36. ↑ https://www.calacademy.org/scientists/library/the-problematic-legacy-of-david-starr-jordan
  37. ↑ "Talbot, Frank Hamilton (1930-)". Encyclopedia of Australian Science and Innovation. Swinburne University of Technology, Centre for Transformative Innovation. 20 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2024. Consultado o 13 de novembro de 2024.
  38. ↑ "Vale Professor Frank Talbot AM". The Australian Museum. 16 de outubro de 2024. Consultado o 13 de novembro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]