Abuso de substancias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Abuso de substancias
Clasificación e recursos externos
Comparación do dano persoal e social percibido en diversas drogas psicoactivas.[1]
ICD-10 F10.1-F19.1
ICD-9 305
DiseasesDB 3961
MedlinePlus 001945
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O abuso de substancias refírese á auto-indulxencia no consumo e dependencia dunha droga ou outro químico que leva a efectos que xeran unha deterioración na saúde física e mental da persoa que o realiza, ou o benestar doutros.[2]

Esta afección caracterízase por un patrón de uso patolóxico continuo dun medicamento ou estado de drogadicción, que resulta en consecuencias sociais adversas repetidas en relación co uso de drogas, tales como a incapacidade de cumprir coas obrigacións laborais, familiares ou escolares, conflitos interpersoais ou problemas legais. Aínda se debate sobre as diferenzas exactas entre o abuso de substancias e a drogodependencia, pero as prácticas estándares distinguen unha da outra ó definir a dependencia de substancias en termos dos síntomas fisiolóxicos e de comportamento do uso de substancias, e ó abuso de substancias en termos das consecuencias sociais do uso de substancias.[3]

O abuso de substancias pode levar á adicción ou dependencia de substancias. Medicamente, a dependencia fisiolóxica require do desenvolvemento de tolerancia fisiolóxica que leva a síntomas da síndrome de abstinencia. Tanto o abuso como a dependencia son distintas da adicción, que involucra unha compulsión por continuar usando a substancia malia as consecuencias negativas, e pode involucrar ou non a dependencia fisiolóxica. A dependencia case sempre implica o abuso, pero o abuso ocorre frecuentemente sen dependencia, particularmente cando unha persoa empeza por abusar no consumo dunha substancia. A dependencia involucra procesos fisiolóxicos, mentres que o abuso de substancias reflicte unha interacción complexa entre quen abusa de substancias, a substancia da que se abusa e a sociedade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nutt, D.; King, L. A.; Saulsbury, W.; Blakemore, C. (2007). "Development of a rational scale to assess the harm of drugs of potential misuse". The Lancet 369 (9566): 1047–1053. PMID 17382831. doi:10.1016/S0140-6736(07)60464-4. 
  2. (1998).
  3. Pham-Kanter, Genevieve. (2001).