Saltar ao contido

Abril Camino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbril Camino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Lugo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña
Universidade Nacional de Educación a Distancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, tradutora, guionista, editora literaria Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioAbril Camino Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webabrilcamino.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5825739

Abril Camino, pseudónimo de Rocío Otero, nada en Lugo o 4 de decembro de 1980, é unha escritora galega en castelán e galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que nada en Lugo, a súa vida está moi ligada á Coruña e a Foz. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e Filoloxía Inglesa na UNED, fixo un mestrado en Edición e impartiu aulas de castelán, galego e inglés. Tamén ten traballado de guionista, correctora, tradutora e editora. Impartiu obradoiros de Escritura Creativa na Universidade da Coruña, dirixe unha empresa de servizos editoriais e é coautora do podcast de temática literaria «Desquiciadas de libro».[2]

É autora de vinte novelas en castelán, a medio camiño entre a novela romántica, a ficción narrativa e o xénero sentimental.[3]

En 2025 gañou o Premio Xerais de Novela con Mulleres que viven xuntas.[3] Unha novela que interpela para reflexionar sobre as repercusións da orientación sexual e sobre as enormes dificultades a que algunhas persoas se tiveron que enfrontar durante a  represión franquista e mesmo na democracia.[4]

Presentación de Mulleres que viven xuntas con Fran Alonso e Abril Camino. Libraría Miranda no Centro Social do Mar de Bueu. 29 de outubro de 2025

Castelán

[editar | editar a fonte]
  1. "Tres autoras gañan os Premios Xerais 2025: Abril Camino, Érica Esmorís e Andrea Maceiras". Praza Pública. 2025-05-24. Consultado o 2025-05-24.
  2. "Desquiciadas de libro - 01x09 Bienvenidxs al apocalipsis". Abril Camino (en castelán). Consultado o 2025-05-24.
  3. 1 2 "Abril Camino, Érica Esmorís e Andrea Maceiras, PREMIOS XERAIS 2025". www.xerais.gal. Consultado o 2025-05-24.
  4. Diario, Nós (2025-05-24). "Camino, Esmorís e Maceiras, gañadoras dos premios literarios concedidos por Xerais". Nós Diario. Consultado o 2025-05-24.
  5. "Mulleres que viven xuntas - Edicións Xerais". xerais.gal. Consultado o 2025-09-25.