Abrasión dental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abrasión dental
Clasificación e recursos externos
Dentes con abrasión
eMedicineOdontoloxía/
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

En odontoloxía denomínase abrasión dental (en latín científico abrasio dentium) ao desgaste mecánico producido pola interacción con outros obxectos que non sexan o contacto dente-dente.[1]

Dentes máis afectados e causas[editar | editar a fonte]

Con maior frecuencia afecta aos premolares e caninos, xeralmente ao longo das marxes cervicais (cervix dentis), superficie da unión da coroa do diente e a raíz, nos sucos xinxivais.[2] En base en enquisas clínicas, os estudos demostraron que a abrasión é o factor etiolóxico máis común, aínda que non o único, para o desenvolvemento de lesiónes cervicais non cariosas (NCCL, nas súas siglas en inglés) e é causado con maior frecuencia por unha técnica incorrecta do cepillado dental.[3]

A abrasión con frecuencia preséntase na unión cemento-esmalte, e pode ser causada por moitos factores contribuíntes, todos coa capacidade de afectar a superficie do diente en diversos graos.[4]

A aparencia pode variar segundo a causa da abrasión, porén, presenta con maior frecuencia en forma de "V" causada por unha presión lateral excesiva mentres o doente cepilla os dentes. A superficie é brillante en lugar de cariada, e ás veces a fenda é o suficientemente profunda como para ver a cámara pulpar dentro do dente.

A presenza da perda cervical non cariosa debido á abrasión pode conducir a consecuencias e síntomas taies como aumento da sensibilidade dentaria á calor e ao frío, aumento de placa que dará como resultado caries e enfermidade periodontal, dificultade de aparellos dentais como a dentadura postiza ao enganchar o dente, e tamén pode ser esteticamente desagradábel para algunhas persoas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López-Frías, Francisco J.; Castellanos-Cosano, Lizett; Martín-González, Jenifer; Llamas-Carreras, José M.; Segura-Egea, Juan J. (01-02-2012). "Clinical measurement of tooth wear: Tooth wear indices". Journal of Clinical and Experimental Dentistry 4 (1): e48–e53. ISSN 1989-5488. PMC 3908810. PMID 24558525. doi:10.4317/jced.50592. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  2. Forbes-Haley, C.; Jones, S. B.; Davies, M., & West, N. X. (2016): "Establishing the Effect of Brushing and a Day's Diet on Tooth Tissue Loss in Vitro". Dentistry Journal, 4 (3): 25. Resume.
  3. 3,0 3,1 Perez, Cesar dos Reis; Gonzalez, Mariana Rodrigues; Prado, Natália Aráujo Silva; Miranda, Marianna Sorozini Ferreira de; Macêdo, Mariana de Andrade; Fernandes, Bárbara Monteiro Pessôa (2012). "Restoration of Noncarious Cervical Lesions: When, Why, and How". International Journal of Dentistry 2012: 687058. ISSN 1687-8728. PMC 3246729. PMID 22216032. doi:10.1155/2012/687058. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  4. Sugita L.; Nakashima, S.; Ikeda, A.; Burrow, M. & Nikaido, T. (2017): "A pilot study to assess the morphology and progression of non-carious cervical lesions" Arquivado 27 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.. Journal of Dentistry 2017: 51-56.