Abou Diaby
Abou Diaby | |||
---|---|---|---|
![]() Diaby en outubro de 2010 | |||
Información persoal | |||
Nome | Vassiriki Abou Diaby | ||
Nacemento | 11 de maio de 1986 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Aubervilliers | ||
Altura | 1,92 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–1998 | Aubervilliers | ||
1998–1999 | Red Star Paris | ||
1999–2002 | INF Clairefontaine | ||
2002–2004 | Auxerre | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | Auxerre | 10 | (1) |
2006–2015 | Arsenal | 124 | (14) |
2015–2017 | Marseille | 5 | (0) |
Selección nacional | |||
2004–2005 | Francia sub-19 | 12 | (0) |
2006–2007 | Francia sub-21 | 2 | (0) |
2007–2012 | Francia | 16 | (1) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Vassiriki Abou Diaby, nado o 11 de maio de 1986 en París, é un futbolista francés retirado que xogaba de centrocampista. Ademais, foi internacional na selección de Francia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
Diaby comezou a súa carreira futbolística no CM Aubervilliers, equipo da súa cidade natal. En 1998, fichou polo Red Star Paris. Un ano antes, Diaby foi seleccionado para ir á academia Clairefontaine. Pasou catro anos na academia ó mesmo tempo que adestraba co Red Star. Un ano antes de irse de Clairefontaine, Diaby foise ó Paris Saint-Germain, pero debido a un erro administrativo do club que fixo que Diaby fose axente libre, uniuse á academia do AJ Auxerre. Pasou dous anos na academia antes de debutar coma profesional na tempada 2004-05.
En xaneiro de 2006, Diaby fichou polo Arsenal FC inglés. Fixo o seu debut co equipo nese mesmo mes, e anotou o seu primeiro gol tres meses máis tarde contra o Aston Villa. Cinco meses despois de fichar polo Arsenal, sufriu unha grave lesión de nocello, e dende entón tivo moitos problemas coas lesións.
Selección[editar | editar a fonte]
Diaby pasou polas categorías sub-19 e sub-21 de Francia, antes de facer o seu debut na selección absoluta en marzo de 2007 contra Lituania, nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2008. Ademais, representou a Francia no Mundial de fútbol de 2010.