Ableton Live
| Ableton Live | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Versións
12.0.25 versión estábel (27 de agosto de 2024)
12.0.0 versión estábel (5 de marzo de 2024) 12.0.10 versión estábel (28 de xuño de 2024) 12.1.11 versión estábel 12.2.6 versión estábel (14 de outubro de 2025) 11.1.6 11.0.2 10.0.1 11.0.0 11.0.6 | |||||||||
|
Licenza
| |||||||||
|
Sistema operativo
| |||||||||
|
Plataforma
| |||||||||
|
Linguaxe de programación
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Ableton Live, denominado coloquialmente como Ableton,[1] é un programa informático coas funcións dunha estación de traballo de son dixital para macOS e Windows desenvolvido pola empresa alemá Ableton.
En contraste con moitos outros secuenciadores de software, Live está deseñado para ser un instrumento para espectáculos en directo, así como unha ferramenta para compoñer, gravar, arranxar, mesturar e masterizar. Tamén é usado polos DJs, xa que ofrece un conxunto de controis para beatmatching, crossfading e outros efectos diferentes empregados polos turntablists, e foi unha das primeiras aplicacións musicais en combinar cancións automaticamente.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Live foi creado por Gerhard Behles, Robert Henke e Bernd Roggendorf a mediados da década de 1990.[3] Behles e Henke coñecéronse mentres estudaban programación na Universidade Técnica de Berlín, e escribiron software na linguaxe de programación musical Max para interpretar techno como a súa banda Monolake.[3] Henke e Behles identificaron a necesidade na escena da música electrónica de Berlín dun software fácil de usar para as actuacións en directo, e traballaron con grupos locais para desenvolvelo.[3] Aínda que Live non foi desenvolvido en Max, Max utilizouse para prototipar a maioría das súas características.[4]
Características
[editar | editar a fonte]En calquera das pistas de Live, os dispositivos que se simulan e sintetizan para crear a canción conéctanse en serie nunha cadea de dispositivos, pasando os seus sinais dun dispositivo ao seguinte, de esquerda a dereita. Por defecto, a Vista de Dispositivos só mostra unha única cadea, pero en realidade non hai límite para o número de cadeas que pode conter unha pista.
Os Racks permiten (entre outras cousas) engadir cadeas de dispositivos adicionais a calquera pista. Cando unha pista ten múltiples cadeas, estas operan en paralelo: Nos Racks de Instrumento e de Efectos, cada cadea recibe o mesmo sinal de entrada ao mesmo tempo, pero despois procesa o seu sinal en serie a través dos seus propios dispositivos. A saída de cada unha das cadeas paralelas mestúrase xunta para producir a saída do Rack.
O interior dun Rack de Efectos de Audio
[editar | editar a fonte]Un Rack é unha ferramenta flexible para traballar con efectos, plug-ins e instrumentos na cadea de dispositivos dunha pista. Os Racks pódense usar para crear procesadores de sinal complexos, instrumentos de interpretación dinámicos ou sintetizadores en capas. Con todo, tamén simplifican a cadea de dispositivos ao reunir os controis máis esenciais. Aínda que os Racks son excelentes para manexar múltiples dispositivos, tamén poden ampliar as capacidades dun só dispositivo ao definir novas relacións de control entre os seus parámetros.
Catro variantes de Rack abarcan a gama de dispositivos de Live:
Racks de Instrumento
[editar | editar a fonte]Os Racks de Instrumento conteñen instrumentos, pero ademais poden conter tanto efectos MIDI como de audio. Neste caso, todos os efectos MIDI teñen que estar ao principio da cadea de dispositivos do Rack de Instrumento, seguidos por un instrumento e despois por calquera efecto de audio.
Batterías (Drum Racks)
[editar | editar a fonte]As Batterías (Drum Racks) son similares aos Racks de Instrumento; poden conter instrumentos así como efectos MIDI e de audio, e os seus dispositivos deben ordenarse segundo as mesmas regras de fluxo de sinal. As Batterías tamén poden conter ata seis cadeas de retorno (return) de efectos de audio, con niveis de envío independentes para cada cadea no Rack principal.
Racks de Efectos de Audio
[editar | editar a fonte]Os Racks de Efectos de Audio só conteñen efectos de audio e pódense colocar en pistas de audio. Tamén se poden colocar en pistas MIDI, sempre que estean "caba abaixo" (downstream) dun instrumento.
Racks de Efectos MIDI
[editar | editar a fonte]Os Racks de Efectos MIDI só conteñen efectos MIDI e só se poden colocar en pistas MIDI.
Hai diferentes formas de crear Racks. Pódese crear un Rack novo e baleiro arrastrando un preaxuste xenérico de Rack (por exemplo, "Rack de Efectos de Audio") dende o navegador a unha pista. A continuación, os dispositivos pódense soltar directamente na Lista de Cadeas ou na vista de Dispositivos do Rack, que se presentan na seguinte sección.
Se unha pista xa ten un ou máis dispositivos que che gustaría agrupar nun Rack, o SW indica que se debe seleccionar as barras de título deses dispositivos na Vista de Dispositivos, e fai clic co botón dereito nunha das barras de título para revelar os comandos Agrupar e Agrupar nunha Battery no menú contextual. [5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About Ableton". ableton.com. Consultado o 2023.
- ↑ "What are DAWs? Digital audio workstations explained". routenote.com. Consultado o 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Slater, Maya-Roisin (2016). "The Untold Story of Ableton Live—the Program That Transformed Electronic Music Performance Forever". Vice.
- ↑ "A brief history of Ableton Live". musicradar.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Diced Beats: Create your own Slice-To-MIDI presets in Ableton Live.". Gale Academic. Consultado o 18-10-2025.