Saltar ao contido

Abilene, Texas

Abilene, Texas
 Nome oficial
    Abilene (en) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Abilenian (en)
а́билинец (ru)
а́билинцы (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Epónimo
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Abilene, Texas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Weldon Hurt (2023 - )
Anthony Williams (en) Traducir (2017 - 2023) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1881 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade estatística
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
117.063 (2010) censo
125.182 (2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   43.607 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
290,32185 km²
276,270544 km² terra
290,612796 km²
290,334755 km²
14,051306 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   524 m Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   4,8246 % Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal79601 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3488539 Editar o valor en Wikidata
VIAF239230390 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/013m_x Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Abilene é unha cidade de Texas (Estados Unidos) e capital do condado de Taylor. Tiña 115.930 habitantes no 2001.

Lingua, orixe da poboación e relixión

[editar | editar a fonte]

A Igrexa Baptista, a Igrexa de Cristo e a Igrexa Metodista son as principais confesións da cidade.

Mapa de 1883.

A cidade foi establecida en marzo de 1881 como un apeadoiro da liña de ferrocarril Texas-Pacífico. Antes do establecemento do ferrocarril a área de Abilene estivo ocupado esporadicamente por indios nómades e forzas militares norteamericanas. Máis tarde chegaron os cazadores de búfalos e os rancheiros. Arredor de 1870 os indios foron expulsados. O anuncio en xaneiro de 1881 da fundación pola compañía de ferrocarril, dunha cidade á beira da liña de ferrocarril entre o Pacífico e Texas atrae a centos de colonos que chegan para participar na poxa dos terreos, os lotes foron adxudicados o 15 de marzo de 1881. O 2 de xaneiro de 1883 a cidade vota integrarse nos Estados Unidos. O 23 de outubro de 1883 Abilene convértese na capital do condado de Taylor. A electricidade chega en 1891, o teléfono en 1898 e o gas natural en 1914.

O establecemento en 1940 da base militar de Camp Barkeley cambiou a vida da cidade, os 60.000 soldados adestrados aquí modificaron a economía da cidade ata que a fin da segunda guerra mundial supuxo o peche da base. Pero en 1952 estableceuse a base aérea de Dyess. Entre 1951 e 1955, 903 novos pozos de petróleo foron descubertos na zona de influencia da cidade. En 1978 púxose fin á Lei seca que viña rexendo dende 1903.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía da cidade está sustentada na produción de petróleo, ademais a cidade actúa como centro de distribución, comercio, industria, transporte e educación dunha área que cobre 22 condados de Texas.

O aeroporto rexional e a Base da Forza Aérea de Dyess, localizada ao oeste da cidade, proporcionan emprego a 4.000 persoas, entre civís e militares. Nas tres universidades da cidade estudan 10.000 alumnos.

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

14 emisoras de radio, 6 estacións de televisión e 1 xornal.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.