Saltar ao contido

Abetouro bruón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abetouro bruón
Botaurus stellaris
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
B. stellaris Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePelecaniformes
FamiliaArdeidae
XéneroBotaurus
EspecieBotaurus stellaris Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Botaurus stellaris Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   1,27 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4,6 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01g4l0 Editar o valor en Wikidata
ITIS174859 Editar o valor en Wikidata
OTT273438 Editar o valor en Wikidata
UICN22697346 Editar o valor en Wikidata
CoLMMYM Editar o valor en Wikidata
EOL45511332 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O abetouro bruón[1] ou abetouro común[2] (Botaurus stellaris) e unha ave da familia das garzas (Ardeidae).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76 cm de lonxitude e 1,35 kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130 cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco. A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara a arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto. A chamada de cortexo dos machos, que recorda o abracar dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia

Distribución

[editar | editar a fonte]

Cría dende Portugal ata Xapón e á illa de Sakhalin. No sur vive dende o noroeste de África ata Irán, Afganistán e ata a península de Corea. No continente europeo aniña na Europa meridional e central. Na Península Ibérica aniña no centro e no sur, en Galiza actualmente pode considerarse como moi raro.

Vive en zonas acuáticas coma lagos, pantanos e estanques. Precisa vexetación con zonas de canavais e xunqueiras mestas, polas que se despraza axilmente, nas que fai o niño e onde atopa abeiro. Para alimentarse precisa zonas de vexetación baixa á beira da auga ou augas abertas

Abetouro bruón no zoo de Poznan

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Botaurus stellaris

Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.

A súa poboación está en forte regresión en Europa a causa da desaparición das zonas húmidas. A drenaxe de moitas zonas de nidificación e a falta de vexetación palustre ameazan a súa supervivencia. A isto hai que sumarlle as molestias que lles causan as actividades lúdicas que teñen lugar nas súas áreas de cría (foxen deseguida das zonas frecuentadas) e, nalgunhas zonas, a caza. Entre 1970 e 1990 a poboación europea reduciuse nun 20%.

Por esta situación de perigo crítico, a SEO/BirdLife declarou o abetouro bruón como Ave do Ano 2024.[3]

Nome común noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Danés: Rørdrum
  • Alemán ; Rohrdommel
  • Inglés: Great Bittern
  • Español :Avetoro
  • Francés: Butor étoilé
  • Húngaro: Bölömbika
  • Italiano: Tarabuso
  • Neerlandés; Roerdomp
  • Ruso: Bolxaia vyp’
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. "Abetouro común (Botaurus stellaris). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
  3. "El avetoro común, que canta con un mugido, elegido Ave del Año 2024" (La Voz de Galicia 12.01.2024).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]