Abelia chinensis
Abelia chinensis | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Abelia chinensis en flor | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
Abelia chinensis R.Br. | |||||||||||||
Variedades | |||||||||||||
A. chinensis var. ionandra |
Abelia chinensis é o nome botánico dunha das especies máis resistentes do xénero Abelia. Trátase dun arbusto de até 2 m de altura, extenso e frondoso, orixinario da China.
Descrición[editar | editar a fonte]
Caducifolio ou semicaducifolio, de talo arroibado, os espécimes novos cubertos dunha leve pubescencia desa mesma cor. Follas ovadas, coas marxes lixeiramente dentadas, de cor verde clara brillante que se tornan moradas en outono, agudas, de base atenuada ou redondeada, de 2,4-4 × 1-3 cm. Pequenas flores durante o verán e principios do outono, de cheiro suave, distribuídas en pequenas panículas brancas, dispostas normalmente en pares sobre cada pedúnculo. Cáliz con 5 sépalos, oblanceolados,[1] lixeiramente tomentosos,[2] duns 6 mm de longo, rosa pálido que permanece bastante tempo despois da caída da flor. Corola en forma de funil, duns 12 mm de lonxitude, de cor branca ou tirando a rosado. Os estames e carpelo sobresaen á corola.
Usos[editar | editar a fonte]
Na xardinaría utilízase para arriates e parterres, sebes etc. Tamén é apropiada como planta melífera.
Outros datos[editar | editar a fonte]
- Foi descuberta en 1817 por Clarke Abel durante a súa estancia na China
- Pódese multiplicar por esgallos e porbaixa
- Prospera en solos fértiles e ben drenados, a pleno sol ou semisombra. Non aguanta ben as xeadas.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Abelia chinensis foi descrita por Robert Brown e publicado en Narrative of a Journey in the Interior of China App. B: 376. 1818.[3]
Abelia: nome xenérico outorgado por Robert Brown en 1818 na honra do médico e naturalista británico Clarke Abel (1780 - 1826) que o introduciu en Europa desde China, onde se descubriu o xénero.
chinensis: epíteto xeográfico que alude a súa localización na China.
- Abelia hanceana Mart. ex Hance
- Abelia rupestris Lindl.
- Linnaea aschersoniana Graebn.
- Linnaea chinensis (R. Br.) A. Braun & Vatke
- Linnaea rupestris (Lindl.) A. Braun & Vatke[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ En forma de lanza inversa.
- ↑ Capa de pelos que cobre a súa superficie.
- ↑ "Abelia chinensis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ Abelia chinensis en PlantList
- ↑ "Abelia chinensis". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 19-08-2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abelia chinensis ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abelia chinensis |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- RODD; Tony (2003). Gordon Cheers, ed. Botánica. ISBN 3-8331-2158-0.
- Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
- Flora of China Editorial Committee. 2011. Flora of China (Curcurbitaceae through Valerianaceae with Annonaceae and Berberidaceae). 19: 1–884. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.