Abelardo Fernández Rivas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1896 Cospeito, España |
| Morte | século XX |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Abelardo Fernández Rivas, nado en Cospeito cara a 1896, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Segunda República foi elixido concelleiro e alcalde de Cospeito por Alianza Republicana en 1931. Permaneceu no cargo ata o 1936. Afiliado a Unión Repúblicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por orde gobernativa o 28 de abril de 1938, saíndo da prisión o 18 de maio. O gobernador civil impúxolle unha multa de 1.500 pesetas por "desafecto al Movimiento".[1] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: ? |
Alcalde de Cospeito 1931 - 1936 |
Sucesor: Jesús Vázquez |