Abdoulkader Kamil Mohamed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdoulkader Kamil Mohamed
Tarō Kōno and Djiboutian PM Mohamed at the MOD 2019 (1) (cropped).jpg
Nacemento1 de xullo de 1951
Lugar de nacementoRegião de Obock
NacionalidadeDjibuti
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade de Limoges
Ocupaciónpolítico
IrmánsMohamed Kamil Mohamed
editar datos en Wikidata ]

Abdoulkader Kamil Mohamed (árabe: عبد القادر كميل محمد), nado o 1 de xullo de 1951, é un político djibutiano que é primeiro ministro do seu país dende 2013. Membro veterano do partido gobernante Concentración Popular polo Progreso, exerceu previamente os cargos de Ministro de Agricultura do 2005 até o 2011 e Ministro de Defensa do 2011 até o 2013.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Mohamed naceu en 1951 en Souali, situado no norte da rexión de Obock, no actual Djibuti.[1]

Estudou na Universidade de Limoges en Francia, onde obtivo un título en ciencias técnicas, cunha especialización en xestión da auga e o medio ambiente.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "M. Abdoulkader Kamil Mohamed, grand commis de l’Etat et nouveau Premier ministre djiboutien". Adjib. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 1 de abril de 2013.