Abdallah ibn Muhammad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abdallah ibn Muhammad
Nacemento11 de xaneiro de 844
 Córdoba
Falecemento15 de outubro de 912
 Córdoba
NacionalidadeAl-Andalus
EtniaÁrabes
RelixiónIslam
Ocupaciónpolítico
PaiMuhammad I de Córdova
CónxuxeOnneca Fortúnez
FillosAbd al-Rahman III
IrmánsAl-Mundhir
editar datos en Wikidata ]

Abdallah ibn Muhammad, tamén coñecido como Abd Alláh ou Abd Allah, nado en 844 e finado en 912, foi un emir omeia de Al-Ándalus de 888 a 912.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subornou a un cirurxián para que matase ó seu irmán, Muhammad I, e sucedeulle no trono. O seu goberno viuse alterado polas constantes guerras entre tribos árabes, bérberes e muladís e tivo que facer fronte tamén a expedicións viquingas. Realmente o seu poder como emir limitouse ás terras cordobesas, pois o resto de provincias estaban gobernadas por familias rebeldes que non acataban a súa autoridade.

O fillo ó que nomeou sucesor foi asasinado por un irmán deste. Tras axustizar ó fillo asasino, Abd Alláh nomeou sucesor o seu neto e fillo do defunto sucesor, o futuro califa Abderramán III.