Abasiofilia
Aparencia

A abasiofilia é unha parafilia que consiste na excitación sexual con persoas discapacitadas ou con membros ortopédicos como extensións de pernas, ou cadeiras de rodas.[1] O termo abasiofilia foi acuñado por John Money da Universidade Johns Hopkins nun diario sobre parafilias en 1990.[2]
Aínda que se dá principalmente en homes, ten sido observado tamén en mulleres. Cando o obxecto é o propio individuo recibe o nome de autoabasiofilia. As interpretacións psicolóxicas da abasiofilia suxiren que para o home a extensión do corpo que supón a prótese da muller representa un pene cuxa presenza actúa sobre o complexo de castración do home.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Chronicle of Medical Mysteries, Curious Remedies, and Bizarre but True Healing Folklore ISBN 1583331603 páx. 132
- ↑ Sexual Deviance: Theory, Assessment, and Treatment ISBN 1572302410 páx. 412
- ↑ LAWS, R.; O'DONOHUE, W.T. (2008). Sexual deviance: theory, assessment, and treatment (en inglés). Guilford Press. ISBN 9781593856052.