Abante (fillo de Poseidón)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abante (homónimos).
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Fillos | Calcodonte, Canethus ![]() |
Pais | Poseidón ![]() ![]() |
Abante, na mitoloxía grega, foi un fillo de Poseidón coa ninfa Aretusa, filla de Nereo, o Vello do Mar. Outra tradición, propia de Atenas, faino fillo de Calcón [1]
Considérase epónimo dos Abántidas.
Casou con Melanipa (ou Melanipe) [2] e tivo dous fillos, Caneto e Calcodonte (ou Calcodón), quen lle sucedería no trono do reino de Eubea. Calcodonte tivo dous fillos, Calcíope e Elefénor.
Este Elefénor liderou os seus exércitos na Guerra de Troia, os Abantes ou Abántidas, e terminaría morrendo a mans de Axénor [3].
"Respirando furia marchaban os abantes... Sobre eles mandaba o Calcodontíada Elefénor, estirpe de Ares... A este acompañábano corenta naves negras".(Homero: Ilíada II, 536-545)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fillo de Metión, que á súa vez era fillo de Erecteo, un rei mítico de Atenas.
- ↑ Non confundir con outras mulleres tamén denominadas así, como a que enxendrou de Poseidón a Beoto e Eolo (a este segundo, Hixino denomínao Helén (Fabulas 157)); ou a irmá da raíña das amazonas Hipólita, á que matou Heracles.
- ↑ Homero: Ilíada IV, 467-471.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
- Homero (2013). Ilíada. Alianza Editorial. ISBN 9788420678344. (en castelán)