Abaý Qunanbaýulı

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abaý Qunanbaýulı
Abai Kunanbaev.jpg
Nome completoИбраһим Құнанбайұлы
Nacemento10 de agosto de 1845
 Jidebai
Falecemento23 de xuño de 1904
 Semey e Jidebai
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo casaco
RelixiónIslam
Ocupaciónlingüista, poeta, tradutor, compositor, public figure e escritor
editar datos en Wikidata ]

Abai (Ibrahim) Qunanbaiuli (en casaco Абай - Ибраһим - Құнанбайұлы), nado en Karauyl o 10 de agosto de 1845 e finado na mesma localidade o 6 de xullo de 1904, foi un poeta, compositor e filósofo casaco, loitou por adaptar a cultura casaca seguindo o modelo europeo e ruso sobre a base dun islam reformador e está considerado o pai da literatura escrita casaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia da aristocracia casaca, comezou a estudar nunha madrasa tradicional onde recibiu unha formación islámica tradicional, pasando despois a unha escola rusa en Semipalatinsk, quedando moi influído polas obras de Mikhail Lermontov e Alexander Pushkin.

Obra[editar | editar a fonte]

A principal contribución de Abai á cultura casaca foi a súa poesía, onde expresa un sentimento nacionalista que bebe da cultura tradicional, antes del a maioría da poesía casaca era oral, que reflectía os hábitos nómades dun pobo que habitaba as duras estepas. Pero durante a vida de Abai producíronse importantes mudanzas sociais, políticas e económicas que comezou a alterar a vida tradicional do pobo, a influencia rusa continuou a medrar en Casaquistán, aumentando tamén as posibilidade de acceder a unha educación formal e achegarse ás diferentes filosofías que traían os europeos.

E nese clima Abai traduciu ao casaco as obras de autores como Mikhail Lermontov, Johann Wolfgang von Goethe, Lord Byron, as fábulas de Ivan Krylov e Alexander Pushkin. Pero a súa principal obra foi қара сөздері (‘’Qara sözderi’’, literalmente “O libro das palabras”) un tratado filosófico e unha colección de poemas onde alenta ao seu pobo a abraza a educación, a alfabetización e unha boa moral para fuxir da pobreza, a escravitude e a corrupción.