Aarre Kuukauppi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAarre Kuukauppi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Padozero, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo e Igrexa luterana evanxélica de Ingria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua finesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata

Aarre Kuukauppi (en ruso: Арри Матвеевич Кугаппи, "Arri Matveevich Kugappi"), nado o 14 de febreiro de 1953 en Padozero (R.S.S. Carelo-Finesa), é un bispo da Igrexa luterana evanxélica de Ingria dende 1996.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na vila carelia de Padozero, fillo de Matti Kuukauppi e de Aino Kylmäsuu. En 1977 comezou a participar de xeito activo na vida da comunidade luterana de Pushkin. En 1980 graduouse en arte pola Academia Artística-Industrial de San Petersburgo.

En 1990 foi ordenado diácono da parroquia de Koltushi, e en maio de 1992 vigairo da Igrexa Luterana Evanxélica de Ingria. En agosto do mesmo ano pasou a ser pastor e reitor da parroquia de Koltushi.

En 1995 foi elixido bispo, recibindo a consagración episcopal de mans dos bispos Leino Hassinen (da súa igrexa), Matti Sihvonen (da Igrexa Luterana Evanxélica de Finlandia), Henrik Svenungsson (da Igrexa de Suecia), Jaan Kiivit (da Igrexa Luterana Evanxélica de Estonia) e Georg Kretschmar (da Igrexa Luterana Evanxélica en Rusia, Ucraína, Casaquistán e o Asia central). Dende 1996 é cabeza da Igrexa Luterana Evanxélica de Ingria.

Está casado e ten 4 fillos.