A xusticeira
Aparencia
| A xusticeira | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata |
A xusticeira[1] (en inglés: A Vigilante) é un filme estadounidense de 2018 escrito e dirixido por Sarah Daggar-Nickson, no seu debut como directora. Está protagonizado por Olivia Wilde, Morgan Spector, Kyle Catlett, C.J. Wilson, Tonye Patano, Chuck Cooper, Betsy Aidem e Judy Marte. A historia segue a Sadie (Wilde), unha muller que ten como misión axudar ás vítimas de violencia doméstica a liberarse dos seus agresores.
Estreouse no South by Southwest o 10 de marzo de 2018, e nos cinemas dos Estados Unidos o 29 de marzo de 2019. Recibiu eloxios da crítica, con especial énfase na actuación de Wilde. Estreouse en galego o 26 de febreiro de 2025 a través da TVG.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Olivia Wilde como Sadie
- Morgan Spector como marido de Sadie
- Tonye Patano como Beverly
- Judy Marte como Straight Up Shelter Woman
- Betsy Aidem como Andrea Shaund
- C.J. Wilson como Michael Shaund
- Chuck Cooper como Lawyer
- Kyle Catlett como Zach
- Estefania Tejeda como Muller do grupo de axuda nº 1
- Olivia Gilliat como Margaret Turner
- Cheryse Dyllan como Charlene Jackson
- Margot Bingham como Joyce Richards
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "A xusticeira na TVG". Consultado o 19 de xaneiro de 2026.