A vía láctea
A vía láctea (en francés: La Voie lactée) é un filme francés de 1969 do director aragonés Luis Buñuel, ambientado no Camiño de Santiago. Está protagonizado por Laurent Terzieff, Paul Frankeur, Delphine Seyrig, Georges Marchal e Michel Piccoli. Buñuel considerou A vía láctea a primeira parte dunha triloxía (xunto con O discreto engado da burguesía e A pantasma da liberdade) sobre "a busca da verdade."[1]
Mestura simbolismos do catolicismo e o comunismo cunha estética surrealista e unha narrativa cinematográfica non linear, nunha visión persoal da herexía cristiá dende a época romana e a través do relato de dous peregrinos que atravesan Francia e España percorrendo o Camiño.[2]
Estreouse en galego o 18 de febreiro de 1989 a través da TVG.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]Dous aventureiros franceses, dende as aforas de París, deciden ir en peregrinación a Santiago de Compostela, mais non pola peregrinación senón coa intención de roubar a algúns peregrinos. Durante a viaxe coñecen numerosas personaxes e viven situacións estreitamente vinculadas ás crenzas relixiosas.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Paul Frankeur como Pierre.
- Laurent Terzieff como Jean.
- Delphine Seyrig como a prostituta.
- Édith Scob como a Virxe María.
- Bernard Verley como Xesucristo.
- Georges Marchal como o xesuíta.
- Pierre Clémenti como o Anxo da Morte.
- Julien Guiomar como o cura.
- Julien Bertheau como M. Richard.
- Alain Cuny como o home con capa.
- Michel Piccoli como o Marqués de Sade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Criterion Collection (ed.). "The Milky Way". Consultado o 18 de abril de 2010.
- ↑ Buñuel, Luis. My Last Sigh. Trans. Abigail Israel. Minneapolis: University of Minnesota Press, 2003. ISBN 0-8166-4387-3. page 245.
- ↑ La Voz de Galicia, 3 de agosto de 1991. Páx. 55