Saltar ao contido

A patrulla canina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A patrulla canina
 Título
    PAW Patrol (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Método de fabricación
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Franquía de medios
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
12 de agosto de 2013 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   254 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   10 Editar o valor en Wikidata
 Duración
   22 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF2155224445184371720 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0wrjwxn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt3121722 Filmaffinity: 798759 Allocine: 18821 Rottentomatoes: tv/paw_patrol_2013 TV.com: shows/paw-patrol
Facebook: PAWPatrol Twitter: pawpatrol Youtube: UCSVSJ1OCSv5ClFgKFTHIDew BNE: XX5697124 Musicbrainz: 39f08d12-7906-45d2-8346-491f26fb9440 Netlix: 80026226 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A patrulla canina[1] (en inglés: PAW Patrol) é unha serie canadense de animación creada por Keith Chapman e producida por Spin Master Entertainment, con animación de Guru Studio. No Canadá, a serie emítese principalmente en TVOntario como parte do bloque de programación TVOKids. TVO publicou por primeira vez as vistas previas do programa en agosto de 2013. A serie estreouse en Nick Jr. de Nickelodeon nos Estados Unidos o 12 de agosto de 2013.

A serie céntrase nun neno chamado Ryder que dirixe unha patrulla de cans de busca e rescate que se chaman a Patrulla Canina. Eles traballan xuntos en misións para protexer a comunidade costeira de Adventure Bay e as áreas circundantes. Cada can ten un conxunto específico de habilidades baseadas nas profesións dos servizos de emerxencia, como un bombeiro, un policía e un piloto de aviación. Todos residen en casetas de cans que se transforman en vehículos personalizados, ou "pupmobiles", para as súas misións. Tamén están equipados con mochilas especiais de alta tecnoloxía chamadas "pup packs" que conteñen ferramentas relacionadas co traballo dos cadelos.

Dende a súa estrea, a serie converteuse nunha franquía de medios, xerando millóns de dólares en ingresos pola venda de xoguetes para Spin Master e aumentando a presenza da empresa no mercado de xoguetes preescolares.[2] A franquía conta cun filme que se estreou en agosto de 2021, seguido por unha secuela, The Mighty Movie, estrada o 29 de setembro de 2023, e unha secuela The Dino Movie, que se estreará o 31 de xullo de 2026, así como unha serie spin-off, Rubble & Crew, que se estreou en febreiro de 2023.[3][4] A serie celebrou o seu décimo aniversario en 2023.[5]

Dobrouse ao galego e estreouse o 21 de marzo de 2025 na plataforma do Xabarín Club.[6]

PAW Patrol é unha serie animada de acción e aventura protagonizada por un grupo de sete cadeliños: Chase, Marshall, Rocky, Zuma, Rubble, Skye e mais Everest (incorporada na tempada 2) que son dirixidos por un rapaz de 10 anos experto en tecnoloxía chamado Ryder. Cunha mestura única de habilidades para arranxar problemas, vehículos xeniais e unha chea de humor dos lindos cadelos, os cans da patrulla traballan conxuntamente en misións de rescate de alto risco para protexer á comunidade de Baía Aventura.

Os cadeliños teñen cadansúa personalidade única e achegan unha habilidade ao equipo. Son un exemplo da importancia do traballo en equipo e da boa cidadanía. Todos eles teñen mochilas especiais nas súas costas para axudar a manexar calquera cousa - dende rescatar gatiños a salvar un tren dun derrubamento de rochas. E non importa o grande que sexa a aventura, os PAW Patrol sempre teñen tempo para xogar e rir.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Dobraxe do Canadá

[editar | editar a fonte]
  • Ryder: Owen Mason / Elijha Hammill
  • Marshall: Gage Munroe / Drew Davis
  • Rubble: Devan Cohen
  • Chase: Tristan Samuel / Max Calinescu
  • Rocky: Stuart Ralston / Samuel Faraci
  • Zuma: Alex Thorne
  • Skye: Kallan Holley
  • Capitán Turbot: Ron Pardo
  • Alcadesa Goodway: Deann Degruijter
  • Alex: Christian DiStefano
  • Katie: Katherine Forrester
  • Cali: Julie Lemieux
  • François: Peter Cugno
  • Jake: Scott McCord
  • Señor Porter: Blair Williams
  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "A patrulla canina en pipicas.gal". Consultado o 28 de abril de 2025.
  2. Damon van der Linde (16 de maio de 2016). "PAW Patrol has Spin Master on a roll as earnings exceed analyst expectations". Financial Post (Sun Media). Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2016.
  3. "'Paw Patrol' spinoff 'Rubble & Crew' to debut in February on Nickelodeon". MSN. Pendleton, Tonya. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2022. Consultado o 21 de novembro de 2022.
  4. Denise Petski (24 de marzo de 2022). "Paw Patrol: Rubble To Headline Series' First Spinoff For Nickelodeon". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2022. Consultado o 24 de marzo de 2022.
  5. Milligan, Mercedes (2023-07-26). "'PAW Patrol,' 'Rubble & Crew' Celebrate Franchise's 10th Anniversary with Renewals, Crossover Event" (en inglés). Consultado o 2024-12-17.
  6. DobraxeGalega, ed. (21 de abril de 2025). "A patrulla canina xa dispoñible na app Xabarín". Consultado o 28 de abril de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]