Saltar ao contido

A noite dos mortos viventes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A noite dos mortos viventes
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Night of the Living Dead (en) Editar o valor en Wikidata
 Movemento
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Obra derivada
 Formato de distribución
 Cor
 Ambientado en
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Organizacións
 Compañía produtora
Image Ten (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Distribuidor/a
Economía e industria
Custo114000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación30087064 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
15 de novembro de 1968 (Toronto)
1 de outubro de 1968 (Pittsburgh)
4 de outubro de 1968 (Estados Unidos de América)
18 de marzo de 1971 (Alemaña)
1968 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Sucedido por
Dimensións
Duración96 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
89/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
95% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
8.8/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF183854312 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-2B4B-0000-8-0000-0000-D Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07g38 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0063350 Filmaffinity: 582638 Allocine: 1133 Rottentomatoes: m/night_of_the_living_dead Allmovie: vm67522 TCM: 84925 Metacritic: movie/night-of-the-living-dead TV.com: movies/night-of-the-living-dead
Facebook: officialnightofthelivingdead Instagram: lovelivingdead Netlix: 17017662 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A noite dos mortos viventes (en inglés: Night of the Living Dead) é un filme estadounidense dirixido por George A. Romero que se estreou en 1968. Está protagonizado por Duane Jones e Judith O'Dea. Tivo un orzamento de 114 000 dólares e converteuse nun grande éxito comercial recadando 12 millóns de dólares nos Estados Unidos e 18 millóns internacionalmente. Dende entón, converteuse nun clásico de culto, e malia que nun primeiro momento, foi duramente criticado polo seu gore explícito, foi posteriormente louvado pola crítica e seleccionado pola Biblioteca do Congreso para a súa conservación no National Film Registry, como un filme "cultural, histórico, ou esteticamente significativo".[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Dominio público

[editar | editar a fonte]

Entrou no dominio público debido a un erro na distribución, xa que nos títulos de crédito non aparecía o copyright indicando o dereito de autoría. Con todo, unha nova copia restaurada en 4K ficou fóra do dominio público. Netflix retirou do seu catálogo o filme por un requirimento de Alemaña.[2]

Relación do filme con Galiza

[editar | editar a fonte]

O director recorreu á súa familia na Coruña para conseguir o financiamento necesario para rodar a que foi a súa primeira película. Ademais, George A. Romero dixo en diversas ocasións que as historias sobre a Santa Compaña que lle contaba a súa tía galega inspirárono para escribir o guión do filme.[3]

Foi emitido na TVG o 13 de maio de 1991.[4]

  1. J.C. Maçek III (15 de xuño de 2012). PopMatters, ed. "The Zombification Family Tree: Legacy of the Living Dead".
  2. Waltz, Amanda. "Report reveals Netflix removed Night of the Living Dead from Germany's streaming services". Pittsburgh City Paper (en inglés). Consultado o 2024-01-26.
  3. "El desconocido origen gallego de los zombis modernos". Vertele (en castelán). 2017-10-02. Consultado o 2024-01-26.
  4. La Voz de Galicia, 13 de maio de 1991. Páx. 78

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]