Saltar ao contido

A noite do cazador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A noite do cazador
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
The Night of the Hunter (en) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
It’s a hard world for little things. Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
27 de xullo de 1955 (Estados Unidos de América)
26 de xullo de 1955 (Des Moines)
setembro de 1955 (Canadá)
16 de marzo de 1956 (Alemaña do Oeste)
1955 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración89 min Editar o valor en Wikidata
Custo795000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316753704 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-4507-0000-8-0000-0000-D Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0j_vp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
8.0/10 Internet Movie Database (7 de marzo de 2026)
93% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2024)
97/100 Metacritic (26 de febreiro de 2024)
9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0048424 Filmaffinity: 488593 Allocine: 4963 Rottentomatoes: m/night_of_the_hunter Mojo: nightofthehunter Allmovie: v35305 TCM: 17678 Metacritic: movie/the-night-of-the-hunter TV.com: movies/the-night-of-the-hunter Netlix: 804679 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A noite do cazador (en inglés: The Night of the Hunter) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Charles Laughton e protagonizado por Robert Mitchum, Shelley Winters e Lillian Gish. O guión de James Agee baséase na novela homónima de Davis Grubb de 1953. A novela e o filme inspíranse na historia real de Harry Powers, que foi aforcado en 1932 polo asasinato de dúas viúvas e tres nenos en Clarksburg, Virxinia Occidental. O estilo lírico e expresionista apártano doutros filmes de Hollywood da mesma época e influenciou a directores posteriores como David Lynch, Martin Scorsese e Rainer Werner Fassbinder.[1]

En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry. A revista Cahiers du cinéma escolleu A noite do cazador en 2008 como o segundo mellor filme de todos os tempos, tras Cidadán Kane.[2]

Foi emitido na TVG o 12 de febreiro de 1994.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Un home esconde unha gran cantidade de cartos roubados na boneca da súa filla Pearl. Deseguido é apresado, mais antes fixo que os seus fillos prometesen que nunca revelarían onde está o diñeiro. Condenado a morte no cárcere, soña cos cartos, o que atrae a atención do seu compañeiro de cela, o falso reverendo Harry Powell, en segredo un asasino psicópata, mais preso por un delito menor. Cando é liberado, Powell viaxa ata a cidade natal do seu antigo compañeiro de cela para descubrir o agocho do diñeiro e aproxímase á familia. Ninguén desconfía del, agás o fillo máis vello, John.

  1. Töteberg, Michael; Lensing (1992). The Anarchy of the Imagination: Interviews, Essays, Notes, Rainer Werner Fassbinder. Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 106. ISBN 0801843693.
  2. "Cahiers du Cinema 100 Films". Cahiers du cinéma. The Moving Arts. Arquivado dende o orixinal o 18-12-2013. Consultado o 13-04-2018.
  3. La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 1994. Páx. 83

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]