A luz prodixiosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A luz prodixiosa
Ficha técnica
Título orixinalLa luz prodigiosa
DirectorMiguel Hermoso
ProdutorMartín Cabañas
GuiónFernando Marías
Baseado enLa luz prodigiosa, novela da Fernando Marías
IntérpretesAlfredo Landa
Nino Manfredi
Kiti Manver
José Luis Gómez
MúsicaEnnio Morricone
FotografíaCarlos Suárez
MontaxeMauro Bonanni
Estrea2003
Duración108 minutos
OrixeEspaña España, Italia Italia
XéneroDrama

A luz prodixiosa[1] (en castelán: La luz prodigiosa) é unha película española de 2003 dirixida por Miguel Hermoso.

Argumento[editar | editar a fonte]

A principios da guerra civil española, un pastor, chamado Joaquín, socorre un chaval que os seus verdugos deron por morto na contenda. Joaquín recólleo na súa casa e pouco a pouco empeza a interesarse polo seu pasado. Logo, déixao nun convento ao coidado dunha monxa. Pasados 40 anos, en 1980, reencóntrase con el en Granada. Un feito fortuíto axuda ao mendigo a recuperar a súa memoria perdida, chegando a pensar que é o mesmo Federico García Lorca.

Comentarios[editar | editar a fonte]

Baseada na novela homónima do escritor e guionista Fernando Marías.

Miguel Hermoso abre a polémica do que pasou co poeta granadino tras a súa execución no ano 1936. Non se sabe con certeza onde quedaron os seus restos, aínda que os indicios apuntan a que está enterrado nunha fosa común da localidade de Víznar, provincia de Granada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CRTVG (18 de agosto de 2011). "A tvG2 homenaxea a Federico García Lorca coa emisión dunha longametraxe e dous documentais". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2012. Consultado o 17 de agosto de 2013.