Trátase da historia dunha costureira que agocha nas pezas de roupa que confecciona herbas coas que conxurar a boa sorte e facer realidade os desexos da xente. Nunha ocasión acolle a un rapaz que non tiña onde pasar a noite e faille unha chaqueta cunha desas herbas. Ao día seguinte sábese a nova de que a Garda Civil anda na procura dun fuxido. Despois duns anos, a costureira recibe un día unha carta cunha soa palabra, "grazas".