Saltar ao contido

A Q zhengzhuan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Q zhengzhuan
 Título
阿Q正傳 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma artística
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Publicación
 Edicións
Datas
 Data de publicación
1921 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF182450858 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/066qtq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX2087047
Wikidata C:Commons

A Q zhengzhuan (en chinés tradicional: 阿Q正傳; en chinés simplificado: 阿Q正传; en pinyin: A Q zhèngzhuàn; en galego: A auténtica historia de A Q) é unha novela curta do escritor chinés contemporáneo Lu Xun.

A obra foi escrita entre decembro de 1921 e febreiro de 1922. Unha sección do libro apareceu publicada no xornal Chenbao fu juan de Beijing, baixo o pseudónimo de Baren (巴人). O primeiro capítulo saíu na mesma revista o 4 de decembro de 1921, nunha sección titulada "Historias felices"; nun principio, a escritura de Lu Xun empregaba o estilo cómico típico da época. Porén, o seu obxectivo non era "resultar divertido ou causar compaixón",[1] senón describir "o espírito dun compatriota contemporáneo".[2] Así, o segundo capítulo pasou á sección "Nova arte e literatura", onde continuou até o seu remate o 12 de febreiro de 1922. Posteriormente, publicouse na escolma de novelas Na han (1923).

A Q zhengzhuan manifesta a decepción do autor respecto da revolución Xinhai e o seu fracaso á hora de introducir reformas reais para a poboación do rural. A través do protagonista, A Q, exprésanse as malas raíces da natureza humana, como a covardía, a grandilocuencia ou a egolatría.

  1. Lu 1981b, p. 26.
  2. Lu 1981a.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lu, Xun (1981a). "Ewen yi ben [Tradución ao ruso]". Lu Xun quanji, di 7 juan [Obras completas de Lu Xun, volume 7] (en chinés). Renmin wenxue chubanshe. ISBN 7020015301. 
  • Lu, Xun (1981b). "1930 nian 10 yue 13 ri zhi Wang Qiaochun shuxin [Carta a Wang Qiaochun do 13 de outubro de 1930]". Lu Xun quanji, di 12 juan: shuxin [Obras completas de Lu Xun, volume 12: cartas] (en chinés). Renmin wenxue chubanshe. ISBN 7020015352.