A Ponte Olveira, Olveiroa, Dumbría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A Ponte Olveira
Parroquia Olveiroa
Concello Dumbría
Poboación 26 hab. (2017)

A Ponte Olveira é un lugar da parroquia de Olveiroa no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 28 habitantes (15 homes e 13 mulleres).

Características[editar | editar a fonte]

Está situado a carón do río Xallas, e recibe o seu nome da ponte que cruza o río e que conecta co concello de Mazaricos. A ponte que lle dá nome foi construída no século XVI sobre unha anterior medieval. Foi modificada en 1962[1], e sobre ela discorre a estrada provincial DP-3404. Ten seis vaos de arcos de medio punto, con pedra de perpiaño.

Por aquí discorre o camiño de Fisterra-Muxía, prolongación do camiño de Santiago. Aparece citado en 1477 no Anónimo Florentino e nos itinerarios de Christoph Guzinguer (1654) e Domenico Laffi (1673). Segundo a documentación recollida polo historiador Francisco Mayán, durante a Guerra da Independencia Española tivo lugar unha batalla das xentes da zona contra as tropas francesas, baixo o mando do cura do Ézaro, Xoán Pispieiro. As tropas francesas arrasaron a zona ao seu paso cara a Cee e Corcubión.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Olveiroa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Olveiroa no concello de Dumbría (A Coruña)

Olveiroa | A Ponte Olveira

Parroquias de Dumbría[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dumbría

Berdeogas (Santiago) | Buxantes (San Pedro) | Dumbría (Santa Baia) | O Ézaro (Santa Uxía) | Olveira (San Martiño) | Olveiroa (Santiago) | Salgueiros (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "La carretera que nunca quiso el puente de A Ponte Olveira", artigo de J. V. Lado en La Voz de Galicia, 13 de marzo de 2018 (en castelán).