A Ponte Maceira, Portor, Negreira
| A Ponte Maceira | |
|---|---|
Ponte medieval. | |
| Parroquia | Portor |
| Concello | Negreira |
| Coordenadas | 42°54′20″N 8°41′47″O / 42.905655553743, -8.6964360606247 |
| Poboación | 66 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Ponte Maceira é unha aldea que está situada na parroquia de Portor, na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 66 habitantes (34 homes e 32 mulleres)[1].
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo A Ponte Maceira ten dous elementos: Ponte (do latín ponte) e o fitónimo Maceira, do latín matianaria, maceira.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Na Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muíño, presa, capela, un pazo moderno e ponte Maceira, construída sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares doutra romana anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.
Historia
[editar | editar a fonte]

Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existe unha coñecida lenda, que xa recollera o Códice Calixtino (Libro III, Capítulo I), que relaciona Negreira coa tradición xacobea. A lenda afirma que os discípulos do Apóstolo Santiago viñan a todo correr dende o norte, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron a Ponte Maceira e viron como, de súpeto, cando o facían os romanos, a ponte veuse abaixo e grazas a esta intervención "divina" conseguiron escapar. Esta lenda quedou reflectida no escudo do concello desde 1866, cando se aprobou o deseño do actual escudo: "O consistorio na sesión plenaria do 24 de febreiro do 1866 deixaba escrito: Este pois é o acontecemento que este concello se propón lembrar no seu escudo de armas". [3]
Aquí tivo lugar, nos primeiros anos do século XII, unha batalla entre os homes do primeiro arcebispo de Compostela Diego Xelmírez e as tropas de Pedro Froilaz de Trava e os seus fillos Fernán Pérez de Traba e Bermudo, cos que os enfrontamentos na fronteira do Tambre da Terra de Santiago eran habituais. A Historia Compostelá relata o feito:
...Por este tempo o conde Pedro, aio do rei, cos seus fillos Bermudo e Fernando e os seus auxiliares, molestaba a Compostela e asaltaba frecuentemente aos homes e os gandos. Unhas veces saía ben, outras dáballe as costas ás frechas, segundo as vicisitudes da guerra. Como o pasou na Ponte Maceira, e os moitos homes e armas que perdeu, sería longo de contar...
En arquitectura relixiosa destaca a igrexa románica de Portor.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Ponte medieval.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Portor
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Portor no concello de Negreira (A Coruña) | |
|---|---|
|
Fontemirón | Os Outeiros | Piñeiro | A Ponte Maceira | Portor | Rebordáns | Saleiróns |
Parroquias de Negreira
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-10-19.
- ↑ López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. p. 82-83. ISBN 978-84-947823-7-4.
- ↑ Guía turística do concello de Negreira Arquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., 2009, px. 29.