A Nosa Terra (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Nosa Terra foi unha publicación editada en Buenos Aires entre 1942 e 1972.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico galego, apareceu o 28 de xuño de 1942. Editado pola Irmandade Galega de Buenos Aires. Publicación política nacionalista que retoma o título da publicación do Partido Galeguista, da que se considera continuadora. Tivo unha periodicidade irregular e informaba dos propositos e actividades dos grupos nacionalistas de Buenos Aires e América. Castelao actuou como director e editorialista ata o seu falecemento. Foron despois directores Bieito Cupeiro, Alfonso Fernández Prol e Manuel Pedreira. Entre os seus colaboradores figuraron Blanco Amor, Núñez Búa, Alonso Ríos e Avelino Díaz. Cesou a súa publicación o 1 de decembro de 1972.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]