A Northern Soul
| A Northern Soul | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| The Verve | |||||||
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
|
Forma artística
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Produtor/a
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
|
Formato de distribución
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A Northern Soul é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo The Verve, publicado o 3 de xullo de 1995 a través do selo Hut Records. Coa tumultuosa promoción do seu álbum de estrea, A Storm in Heaven (1993), combinada coa popularidade dos seus amigos en Oasis, as relacións entre os membros de The Verve volvéronse tensas. Despois de conectar co produtor de Oasis Owen Morris, The Verve foron a un local de ensaio en Wigan para escribir material para o seu seguinte traballo, que gravaron nos Loco Studios de Gales.
A Northern Soul tivo recensións positivas dos críticos, loubando moitos deles a profundidade mmusical do álbum, mentres que outros comentaronn o carácter persoal das letras. As recensións retrospectivas e as biografías de The Verve tamén se centraron na música. O disco chegou ao número 13 da lista británica de álbums,[1] sendo certificado ouro pola British Phonographic Industry (BPI) en 1998. Os seus tres sinxelos entraron no top 40 da lista de sinxelos do Reino Unido, chegando "History" ao posto 24, o máis alto dos tres.[2] Melody Maker, NME, e Select incluíron o álbum nas súas listas dos mellores lanzamentos do ano; NME incluíuno tamén na súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos, mentres que o autor Colin Larkin incluíuno no seu libro All Time Top 1000 Albums (2000). Apareceu nas listas dos mellores disco do xénero Britpop de Musikexpress, Pitchfork e Spin.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por The Verve.
| N.º | Título | Duración |
|---|---|---|
| 1. | "A New Decade" | 4:12 |
| 2. | "This Is Music" | 3:35 |
| 3. | "On Your Own" | 3:34 |
| 4. | "So It Goes" | 6:11 |
| 5. | "A Northern Soul" | 6:32 |
| 6. | "Brainstorm Interlude" | 5:11 |
| 7. | "Drive You Home" | 6:41 |
| 8. | "History" | 5:26 |
| 9. | "No Knock on My Door" | 5:11 |
| 10. | "Life's an Ocean" | 5:44 |
| 11. | "Stormy Clouds" | 5:34 |
| 12. | "(Reprise)" | 6:11 |