A Monster Calls
| A Monster Calls | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||
A Monster Calls é un filme español-estadounidense de fantasía dirixido por Juan Antonio Bayona, baseado na novela de 2011 Un monstro vén a verme,[1] de Patrick Ness, quen tamén escribiu o guión. O filme está protagonizada por Lewis MacDougall, Liam Neeson, Felicity Jones, Sigourney Weaver, Toby Kebbell e Geraldine Chaplin. A estrea foi o 7 de outubro de 2016, por Focus Features.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Connor (Lewis MacDougall) é un rapaz de 12 anos que, tras a separación dos seus pais, se converte no home da casa e o encargado de levar as rendas do fogar. Coa súa nova nai (Felicity Jones) doente de cancro, o pequeno tentará superar todos os seus medos e fobias coa axuda dun monstro-teixo (dobrado na versión orixinal por Liam Neeson). Fantasía, contos de fadas e historias imaxinarias do pequeno veranse as caras non só coa realidade, senón coa súa fría e calculadora avoa (Sigourney Weaver). Con este novo traballo J.A. Bayona pecha unha triloxía sobre as relacións nai-fillo, que iniciou con El orfanato e continuou con The Impossible.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Lewis MacDougall como Connor
- Liam Neeson como O Monstro
- Felicity Jones como a Nai
- Sigourney Weaver como a Avoíña
- Toby Kebbell como o Pai
- Geraldine Chaplin
- James Melville como Harry
- Lily-Rose Aslandogdu como Lily
- Jennifer Lim como a Señorita Kwan
- Frida Palsson como a nai de Lily
Produción
[editar | editar a fonte]O 5 de marzo de 2014, Focus Features comprou os dereitos cinematográficos do libro por 20 millóns de dólares.[2] A película sería dirixida por Juan Antonio Bayona e escrita polo autor do libro, Patrick Ness.[3] O 23 de abril de 2014 Felicity Jones uniuse ao filme para interpretar a nai do neno.[4] O 8 de maio, Liam Neeson uniuse ao filme para interpretar o Monstro.[5] O 18 de agosto, Sigourney Weaver uniuse para interpretar a avoa do neno.[6] O 19 de agosto, Toby Kebbell tamén se uniu ao filme.[7] O 3 de setembro, o autor Ness twiteou que Lewis MacDougall fora escollido para o papel principal do filme.[8] O 30 de setembro Geraldine Chaplin uniuse ao elenco.[9]
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A fotografía principal da película comezou o 30 de setembro de 2014, a rodaxe tivo lugar en España e Inglaterra.[9][10][11] O 9 de outubro, a rodaxe comezou en Preston, Lancashire e Manchester[12]
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme estreouse o 7 de outubro de 2016, por Focus Features.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Un monstro vén a verme', la versión gallega de la novela de Patrick Ness". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016.
- ↑ "Focus Features Makes $20 Million Deal For 'A Monster Calls' Movie". Deadline.com.
- ↑ "Focus Dates 'A Monster Calls' For October 2016". Deadline.com.
- ↑ "Felicity Jones To Star In Juan Antonio Bayona’s ‘A Monster Calls’". deadline.com.
- ↑ "Cannes: Liam Neeson Joins 'A Monster Calls'". hollywoodreporter.com.
- ↑ "Sigourney Weaver Joins High-Profile 'A Monster Calls'". hollywoodreporter.com.
- ↑ "‘Fantastic Four’ Actor Toby Kebbell in Talks to Join ‘A Monster Calls’". variety.com.
- ↑ "Lewis MacDougall to Lead Adaptation of Patrick Ness’ ‘A Monster Calls’". upandcomers.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- 1 2 "Three Join ‘A Monster Calls’". deadline.com.
- ↑ "'A Monster Calls' Begins Production". participantmedia.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ "Production Begins on A Monster Calls, Starring Liam Neeson". comingsoon.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ "Hollywood film begins filming in Preston". lep.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ "Focus Features Sets A Monster Calls for October 14, 2016". ComingSoon.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- A Monster Calls na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)