Saltar ao contido

A Minecraft Movie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Minecraft Movie
 Instancia de
 Título
A Minecraft Movie (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
Características
 Cor
 Universo ficticio
 Personaxes
 Franquía de medios
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Deseñador/a produción
 Elenco de dobraxe
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
 Anuncio
27 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
 Duración
   101 min Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
   1.85:1 Editar o valor en Wikidata
 Orzamento
   150.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
   150.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0007-59AF-0000-O-0000-0000-2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
45/100 Metacritic (27 de outubro de 2025)
47% Rotten Tomatoes (27 de outubro de 2025) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt3566834 Filmaffinity: 979252 Allocine: 227463 Rottentomatoes: m/a_minecraft_movie Mojo: warneranimated2019 Allmovie: am125648 Metacritic: movie/a-minecraft-movie Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Minecraft Movie é un filme estadounidense de aventuras, comedia e acción do ano 2025 baseado no videoxogo do mesmo nome da empresa sueca Mojang Studios. Dirixiuno Jared Hess a partir dun guión de Chris Bowman, Hubbel Palmer, Neil Widener, Gavin James e Chris Galletta, á súa vez baseado nunha historia de Allison Schroeder, Bowman e Palmer. Está protagonizado por Jason Momoa, Jack Black, Danielle Brooks, Emma Myers e Sebastian Hansen. No filme, catro inadaptados son arrastrados por un portal cara a un mundo cúbico, e deben embarcarse nunha busca de volta ao mundo real coa axuda dun "crafter experto" chamado Steve.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Jack Black e Jason Momoa protagonizan o filme.
  • Jason Momoa como Garrett "The Garbage Man" Garrison, propietario dunha tenda de videoxogos e antigo campión de xogos.
  • Jack Black como Steve, un antigo vendedor de picaportes que leva anos vivindo no Overworld.
  • Emma Myers como Natalie, a irmá máis vella de Henry e a súa titora legal.
  • Danielle Brooks como Dawn, unha axente inmobiliaria que dirixe un zoolóxico móbil.
  • Sebastian Hansen como Henry, o creativo irmán máis novo de Natalie.
  • Jennifer Coolidge como vicedirector Marlene, da escola de Henry
  • Rachel House como a voz de Malgosha, o gobernante piglin do Nether.
  • Jemaine Clement como:
    • Daryl, un poxador.
    • a voz de Bruce, o pai de Malgosha.
  • Jared Hess como a voz do xeneral Chungus, un piglin de alto rango no exército de Malgosha.
  • Matt Berry como a voz de Nitwit, un aldeano sen traballo.[1]

Os youTubers DanTDM, Aphmau, Mumbo Jumbo E LDShadowLady fan cameos como asistentes a unha poxa.[2] Jens Bergensten, que é un dos deseñadores principais de Minecraft, fai un cameo como camareiro.[3] O porco que leva unha coroa é unha homenaxe ao YouTuber falecido Technoblade.[4] Nunha escena posterior aos créditos, Kate McKinnon fai un cameo sen acreditar como a voz de Alex, unha muller que vive na casa de Steve. Alice May Connolly é a actriz física de Alex.[1]

A Minecraft Movie bateu algúns récords: superou a The Super Mario Bros. Movie no mellor debut dun filme inspirado nos videoxogos, recadando 57 millóns de dólares, incluíndo 10 millóns xerados durante as proxeccións previas do xoves.[5] Ademais, superou axiña a toda a recadación de filme de Five Nights at Freddy's na súa primeira fin de semana de estrea, outra película baseada nun videoxogo.

  1. 1 2 Colburn, Randall. "'A Minecraft Movie' cast and character guide: All about the actors building the video game blockbuster". EW.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2025. Consultado o 6 de abril de 2025.
  2. Guner, Ediz (5 de decembro de 2024). "Who Are The YouTubers in the Minecraft Movie?". GameRant. Valnet. Consultado o 1 de abril de 2025.
  3. Garside, Megan (4 de abril de 2025). "A Minecraft Movie Easter eggs: 75 Minecraft Easter eggs, references, and cameos you may have missed". Games Radar (Total Film). Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2025. Consultado o 4 de abril de 2025.
  4. Anderton, Joe (4 de abril de 2025). "How A Minecraft Movie pays sweet tribute to YouTuber Technoblade". Digital Spy (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2025.
  5. Pamela McClintock (4 de abril de 2025). "Box Office: 'A Minecraft Movie' Digs Up Record $10.6M in Thursday Previews". The Hollywood Reporter. Consultado o 4 de abril de 2025.