A Graña, O Castro, Begonte
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Graña.
A Graña | |
---|---|
Parroquia | O Castro |
Concello | Begonte |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Graña é un lugar da parroquia do Castro, no concello lugués de Begonte.
Historia[editar | editar a fonte]
Na Graña houbo un convento de frades beneditinos, da orde do Císter, do que aínda quedan restos. A súa existencia está documentada no ano 1019, xunto coa doutro convento de monxas situado no lugar de Senande, na parroquia de Virís, hoxe desaparecido. Atopouse un sartego antropomorfo. No ano 1184 sábese que había 12 monxes máis o abade.[1]
En 1187 o rei Fernando II fixo doazón ó mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes da granxa de Constantín, que tiña xurisdición sobre as parroquias de Bóveda, Vilariño e O Castro, entre outras.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares do Castro[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Castro no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
O Castro | A Graña | Insua | O Muíño | O Navallo | O Ollo | Porto do Barco | Roibás | Saamil |
Parroquias de Begonte[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ares Vázquez, N. Estudo publicado en Lucensia nº 30, 2007. Biblioteca do Seminario Diocesano.