A Galiza feminista. Tebras e alboradas
A Galiza feminista. Tebras e alboradas | |
---|---|
Autor/a | Miriam Couceiro Castro |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Colección | Feminismos |
Tema(s) | feminismo |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 30 de maio de 2021 |
Formato | 135 x 210. Rústica con lapelas, tapa branca (edición de peto) |
Páxinas | 116 |
ISBN | 978-84-9151-625-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Galiza feminista. Tebras e alboradas é un ensaio da escritora, socióloga e doutora en Equidade e Innovación Educativa Miriam Couceiro Castro, publicado en 2021 no marco da colección Feminismos, editado pola Editorial Galaxia.
A autora é unha experta neste tema, xa que gañou no 2013 o Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero “Ángeles Alvariño”, co seu traballo O feminismo en Galiza: Rural e Urbano. Posteriormente realizou unha tese de doutoramento co título La representación del Feminismo en el pensamiento y práctica de la acción docente de las Profesoras de Secundaria en Galicia,[1] que é o xermolo deste libro.[2] Un libro no que reivindica o legado de Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Mónica Bar Cendón, María Barbeito, Antonia de la Torre ou Pilar García Negro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castro, Miriam Couceiro (2019). "La representación del Feminismo en el pensamiento y práctica de la acción docente de las Profesoras de Secundaria en Galicia" (en castelán). Universidade da Coruña.
- ↑ Montenegro, Gloria. "Miriam Couceiro, autora de 'A Galiza feminista': "Unha parte do feminismo ten presente Rosalía e outro identifícase con Pardo Bazán"". Nós Diario. Consultado o 2021-07-02.
- ↑ González Liste, Ana (30/5/2021). "'A Galiza feminista', un libro para "sobrevoar os dous polos do feminismo galego"". Praza Pública. Consultado o 28/6/2021.