A Fraga, Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Fraga
Singular canastro da Fraga
ConcelloLobeira[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°01′54″N 8°03′22″O / 42.03155556, -8.056Coordenadas: 42°01′54″N 8°03′22″O / 42.03155556, -8.056
Poboación38 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 35 habitantes, dos cales 20 eran homes e 15 mulleres.

A Fraga na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [2].
  • Mala morte mate ós homes/ i o pirmeiro sea o meu;/ o día que me il morrer/ vou ó San Bartolomeu [3].
  • Por ir ao baille/ da Ramallosa,/ por ir ao baille/ perdín a moza [4].
  • Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [5].
  • Viva Pereira e a Fraga, viva Parada tamén, as mociñas no sobrado bailan que bailan ben.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Fraga[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Fraga no concello de Lobeira (Ourense)

A Fraga

Parroquias de Lobeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobeira

A Fraga (San Bartolomeu) | Lobeira (San Vicente) | Monte Longo (Santa Cristina) | Parada (Santa Eufemia) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Xes de Vilariño (San Xes) | Santa Comba (San Trocado) | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz)

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 92. No orixinal: dia, íl. San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, que celebra a festa o 24 de agosto.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 134). Pode referirse a unha Ramallosa da Limia que era un anaco de monte preto de San Bartolomeu da Fraga (parroquia do concello de Lobeira), onde xa Xaquín Lorenzo só sitúa as ruínas de vellas cabanas de pastores. Supón máis probable que se trate dunha cantiga importada.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]