Saltar ao contido

A Fontesanta, Buxantes, Dumbría

A Fontesanta
ParroquiaBuxantes
ConcelloDumbría
Coordenadas42°58′47″N 9°07′38″O / 42.979762999647, -9.1271379266802
editar datos en Wikidata ]

A Fontesanta é un lugar da parroquia de Buxantes no concello coruñés de Dumbría, na comarca de Fisterra.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Está despoboado desde que en 1810, durante a guerra da Independencia española, as tropas franceses arrasasen o lugar ao seu paso, matando algúns dos seus habitantes, e fuxindo o resto.[1]

Segundo o Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas en 1761 tiña un veciños:[2] Isidro Míguez de 54 anos, pai de Domingo de 29, e fillo de Domingo, de 70).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Recordos que deixan os peregrinos no altar exterior da capela.

No lugar, a carón do Camiño de Fisterra-Muxía, sitúase unha capela baixo a advocación da Nosa Señora das Neves, de finais do século XV pero reconstruída posteriormente. Na fachada principal posúe un pequeno rosetón, común na arquitectura románica e gótica. No muro norte ábrese unha sinxela porta lateral e ó seu carón, baixo un soportal, un pequeno altar onde se fan as celebracións masivas e as romarías.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Buxantes

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Buxantes no concello de Dumbría (A Coruña)

Anseán | O Brazal | Busto | A Carballa | O Carboal | A Casanova | Castro | Cerván | Figueiroa | A Filgueira | A Fontesanta | A Grixa | Martín | Miñóns | A Pelexa | As Teixoeiras | Vilar | Vilar de Paraíso | Xestosa

Parroquias de Dumbría

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dumbría

Berdeogas (Santiago) | Buxantes (San Pedro) | Dumbría (Santa Baia) | O Ézaro (Santa Uxía) | Olveira (San Martiño) | Olveiroa (Santiago) | Salgueiros (San Mamede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]