A Ciberirmandade da Fala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As Ciberirmandades da Fala (ou tal como se recolle no seu rexistro coma asociación, Asociación Cultural Galega "CiberIrmandade da Fala") é unha asociación a prol do uso do galego na rede, vén funcionando dende o ano 1996[1], aínda que foi rexistrada coma tal no 2006, o que fai desta asociación unha das máis antigas e dinámicas dentro das asociacións galegas na rede.

Actividade[editar | editar a fonte]

A actividade desta asociación centrase en facer campañas de concienciación do uso do galego, mediante o uso de envío de correos electrónicos ós administradores de webs galegos de institucións, empresas ou particulares pregándolles o emprego da lingua galega, pero tamén ofrecendo recursos coma aloxamento a outros proxectos, traducindo software ó galego (destacando ó mantemento das traducións do phpBB, Winmerge, Coppermine), ofrecendo descargas e documentación.

Organización[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros pasos, a organización estaba baseada nas roldas de correo electrónico, pero co paso do tempo e ó dar o paso de rexistrase coma asociación, os ciberirmandiños decidiron ser máis autónomos, facerse cunha web con sistema de foros, dominio e espazo web propio, co que esta asociación renovou, diversificou e dinamizou moito o seu traballo; evidentemente nesta nova etapa, a organización usa o sistema de foros para organizarse, usando o sistema propio de permisos que ten calquera foro e dividindo en subforos o seu traballo por temáticas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No libro "Da periferia á rede", de Isabel Vaquero e Daniel Romero (Ed. Xerais, 2001), di: “Camilo Regueiro promove a constitución e o web das CiberIrmandades da Fala, organización virtual a prol do uso do galego en Internet”

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Da periferia á rede, de Isabel Vaquero e Daniel Romero, Ed. Xerais, 2001; ISBN 84-8302-631-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]