A Canda, Piñor
| A Canda | |
|---|---|
Igrexa de San Mamede da Canda. | |
| Concello | Piñor[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°29′36″N 8°00′54″O / 42.493202777778, -8.0148777777778 |
| Poboación | 327 hab. (2014) |
| Entidades de poboación | 11[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Mamede da Canda é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 327 habitantes (170 homes e 157 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo A Canda (do latín candănu) é un fitónimo referido a unha póla de árbore usada para alumear.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Pazo de Vilariño, do século XVI. De planta rectangular con dous pisos e cunha torre almeada. A fachada ten un muro almeado con porta de arco de medio punto con dous escudos das armas dos Mosquera, Sotomaior, Andrade e López. Ten unha capela, pombal e unha fonte de 1680.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Pazo de Vilariño.
- Pombal do Pazo de Vilariño.
- Vista frontal Igrexa
- Entrada Igrexa
- Solpor en San Mamede da Canda.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Canda
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Canda no concello de Piñor na Provincia de Ourense | |
|---|---|
|
Casfigueiro | Cotelas | A Folgosa | Freás da Canda | Guimarás | As Lagoas | Mirela | Porto do Souto | Reda | San Mamede da Canda | Vilariño |